O Parlamento aproba unha proposta socialista para acelerar a mellora da liña ferroviaria Ferrol - A Coruña

O Parlamento aproba unha proposta socialista para acelerar a mellora da liña ferroviaria Ferrol - A Coruña

O Parlamento aproba unha proposta socialista para acelerar a mellora da liña ferroviaria Ferrol – A Coruña

O Parlamento aprobou esta mañá unha emenda socialista a unha proposta do Grupo Parlamentario Popular para acelerar a mellora da liña ferroviaria Ferrol – A Coruña. A proposta determina que no primeiro trimestre do 2018 se realice o estudo de mellora da liña que permita a continuación comezar coa súa execución.

O deputado José Manuel Pérez Seco defendeu a “modernización e adaptación á realidade actual” dunha “vella liña exemplo de desidia política”, recordando que este tramo “veu sufrindo recortes nos últimos anos”, provocando “unha drástica diminución da pasaxe”.

Pérez Seco insistiu en que “o transporte ferroviario debe ter un papel relevante como elemento vertebrador do desenvolvemento socioeconómico”, e reclamoulle ao Goberno de España “os mecanismos orzamentarios e administrativos necesarios”.

 

 

Patricia Torres

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar