O PARLAMENTO APROBA UNHA INICIATIVA SOCIALISTA QUE DEMANDA UN PLAN DE ATENCIÓN INTEGRAL PARA OS ENFERMOS DE ALZHEIMER E AS SÚAS FAMILIAS

Os socialistas galegos demandaron no pleno do Parlamento un plan de atención integral para os enfermos de alzheimer e as súas familias. A iniciativa saiu adiante co voto a favor de todos os grupos.

Na defensa da proposición non de lei, a deputada socialista Marián Ferreiro lembrou que “non temos datos fiables do número de afectados e por aí teriamos que empezar, cun estudo da situación real”. Segundo os datos de diferentes asociacións, en Galicia hai 100.000 persoas con algún tipo de demencia, das que un 40% sofren alzheimer.

“Falamos de persoas que perden a memoria e a autonomía, persoas que en moitos casos cobran unha pensión mínima”, apuntou Ferreiro, que considera fundamental “atender as súas necesidades sanitarias e sociais, e non deixar toda a responsabilidade ás asociacións de familiares”.

“Ten que haber unha coordinación entre a Atención Primaria e os servizos sociais para unha atención integral, comezando cun diagnóstico a tempo da enfermidade”, engadiu a deputada socialista. Ferreiro eloxiou as investigacións sobre o alzheimer, pero considera que “a prioridade ten que ser o coidado dos enfermos”.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar