O Parlamento aproba unha iniciativa socialista para sancionar aos bancos que impoñan cláusulas suelo

O Parlamento aproba unha iniciativa socialista para sancionar aos bancos que impoñan cláusulas suelo

O Parlamento aproba unha iniciativa socialista para sancionar aos bancos que impoñan cláusulas suelo

O Pleno do Parlamento aprobou unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para pedirlle á Xunta que sancione ao bancos que a día de hoxe seguen impoñendo cláusulas suelo nas hipotecas, malia ter sido prohibidas polo Tribunal Supremo. A iniciativa foi votada a favor polo PP, que cambiou o sentido do seu voto logo da intervención en contra do portavoz, Jaime Castiñeira.

O portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Juan Carlos González Santín, demostrou que a competencia para resolver as reclamacións polas cláusulas suelo correspóndelle a Consumo e non ao Banco de España, como defendía o goberno central e o PP. sinalou que así o establece a memoria do Banco de España de 2010, que logo de ter privatizado o servizo de reclamacións está a remitir ás protestas aos órganos de consumo.

Sinalou o caso doutras comunidades autónomas, como é Asturias, que está utilizando o seu Instituto de Consumo para resolver as reclamacións a favor dos usuarios, tal e como ditaminou o Tribunal Supremo, declarando as cláusulas abusivas xa en dous sentenzas consecutivas. Ademais reclamoulle ao goberno galego que explique que a retirada da cláusula está exenta do imposto de transmisións patrimoniais.

González Santín obrigou ao PP a cambiar o sentido do seu voto no debate desta proposta na que lle reclamou ao goberno galego que habilite os mecanismos necesarios para sancionar estas prácticas a través do Instituto Galego de Consumo. Ademais, demanda que “se lle de a máxima cobertura aos consumidores poñendo todos os medios necesarios a dispor dos afectados” por estas prácticas abusivas.

González Santín advertiu que o goberno galego, a diferenza doutros executivos autonómicos, “non ten feito absolutamente nada para defender aos consumidores” malia contar cos instrumentos precisos. Así, explicou que a Lei galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias recolle sancións de ata 600.000 euros no caso de infraccións moi graves.

Abuso

O deputado socialista presentou esta proposta de constatar que “moitas entidades bancarias se resisten a retirar as cláusulas suelo dos contratos hipotecarios”, co que “xogan un papel de abuso sobre os consumidores”. Estes vense abocados a recorrer aos servizos de atención ao cliente, ao departamento de Reclamacións do Banco de España e mesmo á vía xudicial.

Malia que as sentenzas xudiciais en todo o Estado obrigan ás entidades financeiras a retirar ditas cláusulas, estas persisten, obrigando aos usuarios a afrontar uns trámites “lentos e gravosos”, ata o punto de ter colapsado o servizo de reclamacións do Banco de España.

Este organismo viu cómo dun ano para outro as reclamacións aumentaban un 246 por cento, alcanzando un total de 35.185 en 2013, o 51 por cento delas, mais de 18.000, relativas á aplicación das cláusulas suelo.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a que habilite os mecanismos necesarios para que o Instituto Galego de Consumo adopte as medidas sancionadoras oportunas contra as entidades financeiras que persistan no abuso de non retirar as “cláusulas suelo” dos contratos bancarios con particulares ao tempo que se lle de a máxima cobertura aos consumidores poñendo todos os medios necesarios a dispor dos afectados polas cláusulas suelo”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar