O Parlamento aproba unha iniciativa socialista para resolver os problemas de gravacións e videoconferencias nos xulgados de Galicia

O Parlamento aproba unha iniciativa socialista para resolver os problemas de gravacións e videoconferencias nos xulgados de Galicia

O Parlamento aproba unha iniciativa socialista para resolver os problemas de gravacións e videoconferencias nos xulgados de Galicia

A Comisión de Sanidade do Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para reclamarlle á Xunta que resolva no primeiro semestre de 2017 os problemas coas aplicacións informáticas nas videoconferencias e no sistema de gravación de xuízos en Galicia.

A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Patricia Vilán, presentou esta iniciativa na que criticaba a “falla de vontade política e de orzamento” por parte do goberno para resolver os problemas nas videoconferencias e a gravación de xuízos nas salas de vistas de Galicia pola aplicación dun sistema que se remonta ao ano 2000.

Vilán advertiu que este problema chega a afectar á resolución de procesos xudiciais, paralizados polos problemas coas aplicacións informáticas nas videoconferencias e nos sistemas de gravación instalados dentro das salas. Alerta de que mesmo a Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra ten actualmente dúas sentenzas pendentes de se ditar “por non poder gravar ningunha parte dos xuízos correspondentes”.

Sinala que “non podemos perder de vista que solucionar estes problemas técnicos e as dificultades co sistema de videoconferencia é responsabilidade do Goberno da Xunta de Galicia” que, lamenta, “a súa resposta é a ver si lo pueden recuperar”. Lembra que a resposta pasa por implementar un sistema máis avanzado que o actual, pero “falla vontade política e orzamento”.

O problema, explicou, esténdese ás salas de Santiago, Vigo ou Pontevedra, onde as propias gravacións son a acta da sesión, o que “da a medida do problema cando a acta sinxelamente non existe por problemas técnicos”. Sinalou que “en moitos xulgados locais nin sequera contan cun sistema de gravación”.

Explicou que na propia Audiencia de Pontevedra o pasado 23 de febreiro deixou de gravar a seis testemuñas dun xuízo por lesións, cun preso en situación de prisión provisional, que “aí segue porque a sentenza está sen poñer logo de que quedaran sen audio nin vídeo sobre o acontecido na sala”. O mesmo sucede cun xuízo por un delito de estafa, que se perdeu na súa totalidade e “a sentenza está sen poñer”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a solucionar, neste primeiro semestre de 2017, os problemas coas aplicacións informáticas nas videoconferencias e no sistema de gravación de xuízos que están a ocorrer en Galicia”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar