O Parlamento aproba unha iniciativa socialista para reclamarlle ao Goberno que equipare os títulos universitarios de Enxeñería Superior ao título de máster para habilitalos profesionalmente na UE

O Parlamento aproba unha iniciativa socialista para reclamarlle ao Goberno que equipare os títulos universitarios de Enxeñería Superior ao título de máster para habilitalos profesionalmente na UE

O Parlamento aproba unha iniciativa socialista para reclamarlle ao Goberno que equipare os títulos universitarios de Enxeñería Superior ao título de máster para habilitalos profesionalmente na UE

Concepción Burgo sinala que o desleixo do goberno central reduce as posibilidades destes titulados de desprazarse ao estranxeiro cun título académico homologado

A Comisión de Educación do Parlamento aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de Lei do Grupo Socialista que insta á Xunta a que se dirixa ao goberno central para que equipare os títulos universitarios de Enxeñería Superior ao de máster. Burgo presentou unha proposición non de Lei na Comisión de Educación para que habilitar así profesionalmente a estes titulados no entorno da UE.

Esta proposta, que foi transaccionada con outras dúas de AGE e BNG e unha emenda do PP, defende a equiparación dos títulos para recoñecer a formación dos enxeñeiros superiores de Galicia, minorados logo do proceso de Bolonia de renovación dos estudos universitarios. Estes, sinala Burgo, son equiparados ao título de grao e non ao de máster, que é o que os habilita profesionalmente.

A deputada socialista amosou a súa sorpresa pola lentitude do goberno de Rajoy á hora de solucionar esta situación, cunha xestión sinxela á que “da largas” sen ningunha explicación, prexudicando notablemente as posibilidades laborais destes profesionais.

Salienta a gravidade desta situación “nun momento en que moitos profesionais teñen que atopar traballo e consolidar a súa traxectoria profesional no estranxeiro”, xa que en España en xeral e en Galicia en particular as condicións económicas empeoran día a día, cunha situación “que as políticas do PP non fan mais que agravar”.

Esta situación prexudica ademais ás empresas que non poden xustificar a titulación superior dos seus enxeñeiros españois “pola falla dunha homologación oficial”, minguando as súas posibilidades de participación en concursos internacionais”.

Reclamou así que os seus títulos sexan equiparados ao de máster e incluíndo ademais a titulación co nivel EQF 7 no Marco Europeo de Cualificacións para a Aprendizaxe Permanente, que precisamente corresponde aos niveis de máster. Lamentou o desleixo do goberno nesta materia, demostrando unha “sorprendente falla de iniciativa” e limitando o seu horizonte profesional dentro da UE.

Instou ao goberno a que atenda as demandas dos enxeñeiros superiores e siga o camiño marcado por países europeos como Francia ou Reino Unido, e encete a dita homologación a través do Marco Europeo de Cualificacións para a Aprendizaxe Permanente, que en España está pendente de elaborar e comunicar á Comisión Europea.


Iniciativa aprobada:

- “O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que se dirixa ao Goberno do Estado coa finalidade de solicitar axilizar o proceso de elaboración das táboas de equivalencias e asm correspondentes normas transitorias do Real Decreto 1027/2011, de 15 de xullo, polo que se establece o Marco Español de Cualificaciones para a Educación Superior, a fin de homologalo ao marco europeo de cualificacións (enxeñeiros superiores pre – Bolonia ao nivel EQF 7, e ao que corresponda o resto das titulacións)”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar