O Parlamento aproba unha iniciativa socialista para reclamar a mellora do mantemento da estrada entre Ribadeo e Cervo

O Parlamento aproba unha iniciativa socialista para reclamar a mellora do mantemento da estrada entre Ribadeo e Cervo

O Parlamento aproba unha iniciativa socialista para reclamar a mellora do mantemento da estrada entre Ribadeo e Cervo

José Ramón ValA Comisión de Ordenación Territorial do Parlamento aprobou unha iniciativa socialista para reclamarlle ao Ministerio de Fomento que acometa de inmediato as obras de mantemento da estrada N-642 que une Ribadeo e Cervo. Esta vía soporta un tráfico diario de 20.000 vehículos, que se triplica en período estival, e rexistra un alto número de sinistros.

O deputado socialista José Ramón Val lamentou a “irresponsabilidade” da Xunta, que “esqueceuse desta infraestrutura”, nun estado “calamitoso” dende hai dous anos, “ata que os socialistas levamos a proposta ao Parlamento. Criticou o seu “desleixo”, lembrando a resposta do goberno aos socialistas desistindo de pedir responsabilidades ao goberno central polo estado dunha estrada que une ao 60 por cento da poboación da comarca.

Ademais, amosou as súas “dúbidas fundadas” sobre o compromiso real do PP, logo de que os orzamentos xerais do Estado inclúan un investimento de tan só 200.000 euros e no día de onte rexeitaran unha emenda no Congreso para destinar 2 millóns de euros á mellora do estado da estrada.

José Ramón Val denunciou que “os veciños e veciñas non teñen por qué soportar o desinterese do goberno pola súa seguridade” nunha estrada na que en agosto faleceu un motorista e o pasado domingo tivo lugar o último sinistro, afortunadamente desta vez sen vítimas mortais. Ademais, hai dous días foi coñecida unha sentenza que condenaba a Fomento a indemnizar aos familiares dun falecido na estrada hai varios anos.

O deputado da Mariña considera “incomprensible” que nin o goberno central nin a Xunta de Galicia teñan iniciado ningún tipo de actuación para garantir a seguridade dunha vía de uso obrigado para o acceso ao Hospital da Costa ou a empresas como Alcoa ou Absa e que conta con varios puntos negros derivados do seu “estado calamitoso”, especialmente o tramo entre Barreiros e Burela.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego para que se dirixa ao Ministerio de Fomento co obxecto de que se acometa, de xeito inmediato, as melloras de mantemento precisas na estrada N-642, principalmente entre os concellos de Barreiros e Burela, e onde sexa necesario, co fin de garantir a seguridade viaria a todos os cidadáns que por ela transitan”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar