O Parlamento aproba unha iniciativa socialista para que os autónomos agrarios non teñan que incluír as cotizacións á SS como ingresos para calcular o subsidio de desemprego

O Parlamento aproba unha iniciativa socialista para que os autónomos agrarios non teñan que incluír as cotizacións á SS como ingresos para calcular o subsidio de desemprego

O Parlamento aproba unha iniciativa socialista para que os autónomos agrarios non teñan que incluír as cotizacións á SS como ingresos para calcular o subsidio de desemprego

vacasA Comisión de Agricultura do Parlamento aprobou unha iniciativa socialista para para que aos agricultores traballadores autónomos non se lles imputen as cotizacións á Seguridade Social como ingresos á hora de computar as rendas da unidade familiar para acceder aos subsidios para o desemprego. Os socialistas reclamaban estender a medida a tódolos autónomos pero o PP obrigou a través dunha emenda a limitalo aos “titulares ou cotitulares de explotacións agrarias”.

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, admitiu a emenda para que cando menos beneficie a este colectivo ,e “para por en evidencia a incongruencia do PP”. A iniciativa do PSdeG-PSOE o que pedía e volver o criterio anterior, que non é outro que se teñan en conta só os datos do IRPF para todos os autónomos, xa que son os ingresos reais.

Polo tanto emprazou ao PP a “explicarlle ao resto de autónomos a incongruencia e a inxustiza de por qué queren excluílos desta norma cando os socialistas presenten nos próximos días esta mesma iniciativa na Comisión de Emprego do Parlamento”.

Os socialistas galegos reclamaran así que a Xunta lle esixa ao Goberno, e concretamente ao Ministerio de Traballo, que rectifique o Manual de rendas e responsabilidades familiares, remitido o pasado 30 de decembro. Este texto establece qué rendas deben computarse para determinar as rendas familiares.

A novidade, especialmente prexudicial para os traballadores e traballadoras autónomos, determina que “considérase que perciben as cantidades que figuran nas declaracións fiscais, e en todo caso como mínimo se lle imputará a renda mensual equivalente á súa base de cotización á Seguridade Social”. Ata o momento, explicou, o cómputo se facía polos datos fiscais a través da declaración do IRPF.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a solicitar do Goberno do Estado que modifique o seu criterio para o cómputo das rendas familiares dos traballadores por conta propia, titulares ou cotitulares de explotacións agrarias, e que teña en conta, nestes casos, unicamente as cantidades percibidas que figuran nas súa declaracións fiscais”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar