O Parlamento aproba unha iniciativa socialista para que a Xunta remita o caso das participacións preferentes á Fiscalía Superior de Xustiza

O Parlamento aproba unha iniciativa socialista para que a Xunta remita o caso das participacións preferentes á Fiscalía Superior de Xustiza

O Parlamento aproba unha iniciativa socialista para que a Xunta remita o caso das participacións preferentes á Fiscalía Superior de Xustiza

Juan Carlos Francisco esixe a Feijóo que “diga de qué lado está, si dos que contribuíron a soster as caixas cos seus aforros ou dos que os levaron en indemnizacións millonarias”

A Comisión de Industria do Parlamento aprobou unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para que a Xunta lle remita á fiscalía a necesidade de incoar accións penais polo caso das Participacións Preferentes. O portavoz de Consumo do Grupo Socialista Juan Carlos Francisco reclamoulle a Feijóo “que defenda aos galegos e galegas e non escape deles”.

O parlamentario socialista esixiulle a Feijóo que “diga de qué lado está, si dos que cos seus aforros contribuíron ao sostemento e mantemento das caixas ou dos que se levaron estes aforros en indemnizacións millonarias”. Puntualizou que “nós estamos do lado da xente e instamos á Xunta a que actúe diante da fiscalía e se deixe de anunciar reunións que son mentira”.

Dixo que o presidente da Xunta “ten que se involucrar e ten que desbloquear este problema diante do Banco de España e da Comisión Nacional do Mercado de Valores”. Esixiulle que “deixe de botar balóns fora e de dar patada a seguir”. Engadiu que a Xunta “ten que dar solucións e abandonar a súa táctica dilatoria con este tipo de problemas a ver qué pasa co sistema financeiro”.

Considera “absolutamente escandaloso” que o presidente da Xunta “non se teña posicionado absolutamente en contra dunhas entidades financeiras que foron as que colocaron este produto e provocaron o problema”. Advertiu que mais que un problema económico constitúe “un drama social que ten a moitísimas familias nunha situación desesperada”.

Advertiu que os afectados están sendo enviados a un “caleixón sen saída” diante da “inacción da Xunta de Galicia” logo de ser vítimas da “comercialización masiva, fraudulenta e sen ningún tipo de escrúpulos de produtos tóxicos por parte das entidades financeiras”.

Criticou que o presidente do Goberno galego teña anunciado onte creación dunha serie de oficinas de atención aos consumidores que cualificou de “falso” porque “as oficinas xa existían, o que fixeron foi poñer un papel para que os afectados asinaran”. Lembrou que a “solución” da Xunta e do PP foi “vetar a comisión de investigación solicitada polos socialistas galegos sobre as caixas galegas”.

Advertiu que o goberno galego “ten facultades de supervisión do que sucedía nas caixas” e reclamoulle a Feijóo que “deixe os discursos e o buenismo” para pasar a defender aos galegos afectados con tódalas “armas de presión” de que dispón para canxear uns produtos financeiros que teñen bloqueados 1.000 millóns de euros por “algo mais líquido” permitindo retirar os cartos.

Texto da iniciativa aprobada:

“O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a trasladar á Fiscalía Superior de Xustiza de Galicia toda a información e os datos que obran no seu poder e a necesidade de abrir unha investigación sobre a existencia de responsabilidades e infraccións de tipo penal na comercialización masiva de Participacións Preferentes entre persoas consumidoras galegas, carentes do perfil investidor esixido pola normativa vixente e de coñecementos financeiros mínimos sobre os riscos deste tipo de produtos”.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar