O Parlamento aproba unha iniciativa socialista para que a Xunta rectifique as sobrevaloracións de inmobles impostas para aumentar a recadación fiscal

O Parlamento aproba unha iniciativa socialista para que a Xunta rectifique as sobrevaloracións de inmobles impostas para aumentar a recadación fiscal

O Parlamento aproba unha iniciativa socialista para que a Xunta rectifique as sobrevaloracións de inmobles impostas para aumentar a recadación fiscal

VivendaO Pleno do Parlamento aprobou hoxe unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para que a Xunta revise as valoracións dos inmobles e rectifique nas sobretaxacións impostas para aumentar a recadación fiscal. O portavoz de Vivenda do Grupo Socialista, Xosé Sánchez Bugallo, advertiu que o 80 por cento dos inmobles están a ser sobrevalorados arbitrariamente pola Xunta entre un 8 e un 60 por cento por enriba do seu valor de mercado.

A iniciativa esíxelle á Xunta que manteña as taxacións por debaixo do prezo de mercado, e explicou que o goberno galego está a inflar as valoracións para incrementar a recadación polos impostos de transmisións patrimoniais e de actos xurídicos documentados. Dixo que en tan só catro anos a Xunta ten realizado mais de 30.000 valoracións de inmobles liquidando preto de 800 millóns de euros.

Acusou ao goberno galego de obrigar aos propietarios que queiran traspasar os seus bens inmobles a “pagar unhas contías excesivas, inxustas e inxustificadas” ao decidir unilateralmente incrementar o valor de taxación das vivendas a pesares da caída de prezo e de construción de vivenda dende o ano 2007.

Explicou que o Executivo está a facer caso omiso da realidade do mercado inmobiliario, que pasou de construír 42.000 vivendas en 2007 a menos de 5.000 en 2013, e que ademais baixaron os seus prezos nun 25 por cento.

Tribunal Supremo

O propio Tribunal Supremo, puntualizou, ten atendido ás demandas de particulares e axentes inmobiliarios, que estiman sobrevaloracións de entre 30.000 e 50.000 euros por vivenda, e ditou sentenza en contra da Xunta, obrigando ao goberno a pagar as costas e a esixirlle unha motivación suficiente das valoracións que realiza.

Sánchez Bugallo lembrou a comparecencia do director xeral da Axencia Tributaria, que dixo en Comisión parlamentaria que o valor real “non é o que fixa o mercado, senón o que fixa a Xunta de Galicia”. O portavoz socialista cualificou esta afirmación de “cando menos sorprendente” por canto supón a “inversión de tódolos datos”.

O parlamentario socialista citou múltiples exemplos, entre eles unha vivenda de Vigo de mais de 50 anos que pasou en cuestión de días de valer 184.000 a 277.000 euros, así como outra da mesma cidade que incrementou a súa valoración en 100.000 euros por decisión arbitraria da Xunta, pasando de 160.000 a 260.000 euros.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego para que proceda á revisión das valoracións dos inmobles a efectos de que en ningún caso a taxación a efectos tributarios da Xunta de Galicia poida superar o valor real de mercado do inmoble”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar