O Parlamento aproba unha iniciativa socialista para que a Xunta lle reclame ao Goberno central o dique flotante de Ferrol

O Parlamento aproba unha iniciativa socialista para que a Xunta lle reclame ao Goberno central o dique flotante de Ferrol

O Parlamento aproba unha iniciativa socialista para que a Xunta lle reclame ao Goberno central o dique flotante de Ferrol

Beatriz Sestayo sinala que o PP “non é merecedor de representar ao pobo” logo de “rentirse, mentir, estafar e cometer unha fraude” sobre esta infraestrutura

A Comisión de Industria do Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade unha iniciativa socialista para que a Xunta se dirixa ao goberno central e “adopte as medidas de colaboración necesarias e urxentes co fin de proceder de xeito inmediato a construír o dique flotante nos estaleiros da ría de Ferrol”.

A parlamentaria ferrolá Beatriz Sestayo defendeu esta proposición non de Lei nunha sesión na que dixo que o PP “non é merecedor de representar ao pobo” logo de “rendirse, mentir, estafar e cometer unha fraude” ao incumprir o compromiso de construír o dique flotante “vital para Ferrol”.

Dixo que “os traballadores esperan unha resposta mentres teñen as gradas baleiras, o dique flotante non existe, atopan as portas da Xunta pechadas e o conselleiro non se compromete con nada”.

Criticou a “falla de escrúpulos” de Feijóo e o PP galego, que “vende a alma con tal de conseguir votos” ao enganar co seu compromiso co naval ferrolá. Sinala que “mentres prometían 2.000 postos de traballo coa construción do centro de reparacións, a realidade é que hai 4.500 persoas despedidas cos seus buzos colgados nas grellas dos estaleiros”.

Dixo que “mentres os traballadores están chorando vostedes permanecen impasibles e rin detrás das cortinas coa súa única preocupación de coller o coche oficial”, porque “a realidade é que non existen quimiqueiros, remolcadores nin dique flotante”. Desafiou ao Grupo Popular a visitar os estaleiros para comprobar cómo tampouco existen os floteis supostamente contratados por Pemex e comprometidos por Feijóo.

Acusou aos responsables do PP de demostrarse “incompetentes, mentirosos e neglixentes” ao ser incapaces de levar adiante o dique flotante que foi desbloqueado polo goberno do PSOE. Lembrou que o goberno de Zapatero conseguiu que fora considerado como unha ampliación de infraestrutura para salvar o veto de Bruxelas.

Lembrou que este mesmo presidente acadou o maior contrato da historia dos estaleiros da ría de Ferrol, cun importe de 1.185 millóns de euros, “mentres hoxe co PP o investimento é cero”.

Na súa intervención apuntou que “os traballadores de Ferrol saíron o 10 de marzo de 1972 a demandar carga de traballo para atoparse coas forzas de seguridade, que mataron a Amador e Daniel”, para volver a saír ás rúas en 2013 e atoparse cun estado policial e sancións aos traballadores.

Texto da iniciativa aprobada:

O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a:

  1. Dirixirse ao Goberno do Estado para adoptar as medidas de colaboración necesarias e urxentes co fin de proceder de xeito inmediato a construír o dique flotante nos estaleiros da ría de Ferrol, asemade, iniciaranse de inmediato as negociacións coa Unión Europea para o levantamento do veto do estaleiro de Navantia na ría de Ferrol.
  2. Esixir ao Goberno do Estado a posta en marcha, xunto co goberno da Xunta, das actuacións precisas para garantir a competitividade presente e futura dos estaleiros no ámbito das reparacións navais, garantindo o mantemento de ditos estaleiros no eido público.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar