O Parlamento aproba unha iniciativa socialista para garantir a supervivencia do Centro Galego de Bos Aires

O Parlamento aproba unha iniciativa socialista para garantir a supervivencia do Centro Galego de Bos Aires

O Parlamento aproba unha iniciativa socialista para garantir a supervivencia do Centro Galego de Bos Aires

A portavoz de Emigración do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Marisol Soneira interveu hoxe no Pleno da Cámara para defender unha proposición na que reclamou buscar fórmulas de colaboración e cooperación co Centro Galego de Bos Aires, co fin de que permitan, acadar acordos que fagan innecesaria a vía xudicial para a resolución dos seus problemas. A proposta, que foi debatido o dia 27 e votada o dia 28, e foi transacionada e aprobada por unanimidade.
Na súa intervención emprazou aos deputados autonómicos a visitar o Centro Galego de Bos Aires “a súa visión de Galicia mudara por completo”, dixo. Asevera que a situación deste centro “é tremenda”, e lembra que a xustiza esta reclamando o pasivo que existe sobre o patrimonio desta entidade. Replica que o edificio esta situado nunha zona magnifica de Bos Aires, e advirte que algúns interésanlles mais para a promoción inmobiliaria que velo como centro de saúde “que é o que realmente é”, espetou.
E insistiu nas súas criticas “hai que preservar esta sinal de identidade, porque temos un compromiso coa nosa Historia e coa nosa xente aínda que viva a 12.000 quilómetros”.

Diálogo, mecanismos de colaboración, interlocución e supervivencia
Na proposta demandou tender liñas de diálogo baseadas no mutuo respecto, no diálogo permanente, e que permita a resolución dos graves problemas que hoxe sofre esta emblemática institución.
Lembra que en abril de 2002, en plena crise económica e social na República Arxentina, a Xunta de Galicia encomenda a D. José María Hernández Cochón a sinatura dun “Protocolo de Actuación entre a Xunta de Galicia e o Centro Galego de Bos Aires para a Asistencia Sanitaria dos seus asociados”. Este documento foi referendado pola entidade a través do seu presidente
A deputada sinala que a cláusula segunda do mencionado Protocolo sinala que “A Xunta de Galicia comprométese á constitución dunha Fundación Benéfico Social que xestionará a área hospitalaria da Mutual...” E a Quinta di que, “A Xunta de Galicia, comprométese a realizar a dotación fundacional que os seus órganos competentes acorden”.
Pola súa banda, o Centro Galego de Bos Aires comprométese a “aportar as cotas dos seus socios mutualistas, coas reservas que se establezan a favor dos socios da sección social e da sección de cultura, e a ceder o uso dos bens mobles e inmobles que constitúen as instalacións anitarias da Mutual”.
Fundación Galicia Salud
Así as cousas explica que este acordo toma forma en setembro de 2002 baixo o nome de Fundación Galicia Salud, cunha dirección asumida por un padroado de dez membros onde cinco corresponden ao Centro Galego e cinco á Xunta de Galicia. En caso de empate decide o voto de calidade da Xunta de Galicia. Soneira advirte que “ate 2010 esta fórmula ben funcionando con mellor ou peor fortuna pero sempre dentro dunha relación respectuosa e colaboradora no seo do Padroado”.
Grupo 3A Recoletas
A parlamentaria denuncia que este modelos entra en crise “cando a Xunta de Galicia toma a decisión de encomendar, mediante un Contrato de Xestión, a co-xestión da Mutual a unha entidade privada española: Grupo 3A Recoletas”. Afirma que esta decisión “racha co consenso existente ate ese momento, sendo asinado solo por tres das cinco Agrupacións que conforman o Centro Galego, e esperta vellas pantasmas do pasado, onde se tentou, sen éxito, introducir modelos de xestión europeos nunha entidade sanitaria arxentina”.
Relata que “fracasou a xestión de 3A Recoletas”. Convocáronse eleccións onde o presidente da Xunta de Galicia, nunha decisión sen precedentes, tomou partido pola candidatura que resultou derrotada (os carteis coa cara dun Feijoo sorrinte ao carón do candidato a presidente do Centro Galego, empapelaron Bos Aires). Derrotada a candidatura Feijoo, a Xunta reúne o padroado da Fundación Galicia Saúde en Santiago de Compostela, e decide a liquidación da entidade esquecendo as obrigas políticas, legais, culturais, históricas, e incluso emocionais, cunha vella institución que foi, e segue a ser en gran medida, o símbolo da emigración galega no mundo.
Advirte que agora “quedan contenciosos, descapitalización, débedas, conflitos laborais, perda de imaxe, degradación (outra vez) da “marca” gallego en Arxentina, e todo un rosario de problemas que teñen a súa orixe nunha xestión política nefasta por parte das autoridades responsables de buscar solucións e non de crealas”.
Galicia non pode esquecer o seu pasado
Soneira asevera que “Galicia non pode pasar á historia por ser a enterradora do Centro Galego de Bos Aires”. Replica que iso “sería como alcumar a memoria dos nosos devanceiros e desprezar a suor e as bágoas de milleiros de homes e mulleres que, ao longo de décadas, deron forma e crearon o sistema sanitario mutualista de Iberoamérica”. E insistiu “Galicia non pode esquecer o seu pasado nin a súa historia, a pesar de todas as dificultades económicas que hoxe nos tocan vivir”, resumiu.
INICIATIVA APROBADA POR UNANIMIDADE NO PARLAMENTO;
O Parlamento de Galicia insta o Goberno Galego a buscar fórmulas de colaboración e cooperación co Centro Galego de Bos Aires que permitan:

1.- Seguir mantendo liñas de diálogo baseadas no mutuo respecto e no diálogo permanente, que permitan a resolución dos graves problemas que hoxe sofre esta emblemática institución

2.- Deseñar mecanismos de colaboración nos eidos económico, asistencial, sanitario, social, cultural, etc., entre a Xunta de Galicia e o Centro Galego de Bos Aires, coa finalidade de garantir a supervivencia desta entidade e a preservación da cultura e da historia de Galicia.

3.- Establecer un marco de relación e interlocución, entre a Xunta de Galicia e o Centro Galego de Bos Aires, con regras claras e confiables, e interlocución con capacidade de asumir e garantir os compromisos acadados.

4.- Garantir a supervivencia do Centro Galego de Bos Aires como un faro da nosa cultura e como centro sanitario de referencia dos galegos que residen na República Arxentina.

5.- Buscar solucións para que cos galegos asociados ao Centro Galego de Bos Aires teñan garantida a asistencia sanitaria.

6.- A colaborar co Centro Galego de Bos Aires, e co conxunto dos centros creados pola emigración galega, co fin de conservar e por en valor o patrimonio cultural creado polos galegos e galegas no exterior e asegurar a continuidade do seu labor asistencial no eido sanitario e social.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar