O Parlamento aproba unha iniciativa socialista para enlazar a autovía da Costa da Morte co polígono de Vimianzo

O Parlamento aproba unha iniciativa socialista para enlazar a autovía da Costa da Morte co polígono de Vimianzo

O Parlamento aproba unha iniciativa socialista para enlazar a autovía da Costa da Morte co polígono de Vimianzo

O Parlamento de Galicia vén de aprobar unha emenda defendida pola deputada socialista Loli Toja para que a primeira fase da autovía da Costa da Morte que conectará Baio coa AC-432, en dirección Camariñas, incorpore un enlace co polígono industrial de Vimianzo, coa licitación este ano e garantindo que estea operativa no ano 2019. Ademais, a Cámara aprobou tamén a petición de Toja de iniciar os trámites necesarios para completar o proxecto xeral da autovía ata a súa chegada a Berdoias, coa redacción do proxecto este ano, a licitación en 2018 e un prazo máximo de finalización de 24 meses.

A socialista comezou lamentando os “catorce longos anos de espera” ata a inauguración da autovía, e criticou que o PP leve ao Parlamento iniciativas que xa son un compromiso anunciado polo presidente da Xunta. “Non se fían da súa palabra? Teñen que traer unha iniciativa ao Parlamento para que o presidente cumpra cos seus compromisos? Se vostedes mesmos non se fían do seu presidente, como nos imos fiar nós!”, afirmou.

Toja defendeu a necesidade de incluir na prolongación ata a AC-432 un enlace ao polígono de Vimianzo, porque do contrario “todo o tráfico procedente da Coruña, Ferrol, Santiago e Madrid tería que entrar no centro urbán de Vimianzo, creando un gravísimo problema” de tránsito rodado. “Estamos falando de vertebrar a Costa da Morte, de darlle vida, e non o faremos dificultando a entrada aos polígonos ou poñendo prezos nestes polígonos máis caros que en calquera outro”, criticou.

Por outra banda, a socialista pediu “vontade política” para iniciar os trámites necesarios que completen o proxecto xeral da autovía ata a súa chegada a Berdoias, e lembrou que o da Costa da Morte é “un territorio que se desangra” con casas baleiras e poboación envellecida, con 4.000 habitantes menos en só cinco anos. “Asuman os seus compromisos, e fágano de verdade, con feitos, non con promesas”, advertiu Toja.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar