O Parlamento aproba unha iniciativa socialista para desbloquear a venda de vacinas de meninxite en farmacias

O Parlamento aproba unha iniciativa socialista para desbloquear a venda de vacinas de meninxite en farmacias

O Parlamento aproba unha iniciativa socialista para desbloquear a venda de vacinas de meninxite en farmacias

VacinaO Pleno do Parlamento aprobou hoxe unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para incluír a vacina contra a meninxite tipo B no calendario vacinal para nenos e nenas. A iniciativa reclama ao goberno galego que retire o bloqueo de venda deste produto nas farmacias galegas “como sucede practicamente nas farmacias de toda Europa”.

O coportavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Pachi Vázquez, foi o encargado de presentar esta proposta para reclamarlle ao goberno galego que supere a “estupidez sanitaria” que supuña tanto a exclusión do calendario desta nova vacina de probada efectividade recoñecida oficialmente pola UE dende o 13 de agosto de 2014 como o bloqueo da súa venda en farmacias.

Vázquez instou ao goberno galego a habilitar a venda deste medicamento en farmacia “en datas inmediatas” para rematar coas “peregrinases” de pais e nais galegos a Portugal para comprar unha vacina que no país veciño subminístrase de forma “absolutamente legal” en dúas ou tres doses de 74 euros. Advertiu que mentres o goberno impide a venda do produto, tódalas organizacións pediátricas recomendan a súa subministración.

O responsable socialista lembrou que esta enfermidade resulta potencialmente mortal con incidencia especialmente entre os rapaces de 2 a 3 anos de idade. Explicou que cada ano en Galicia entre 25 e 30 nenos e nenas padecen esta enfermidade -sen ter en conta picos epidémicos-, dos cales 2 morren e entre 6 e 9 sobreviven con graves secuelas.

Explicou a especial importancia da retirada da prohibición da súa venda e a incorporación ao calendario oficial por canto “España é o país de Europa con maior incidencia desta enfermidade, e Galicia é –xunto con Cantabria e Ceuta- a Comunidade Autónoma con maior incidencia do Estado”.

Sinalou que o PP ten aceptado a proposta para desbloquear a venda deste medicamento nas farmacias galegas e rematar así coas viaxes das familias galegas ao país veciños para conseguir as doses necesarias para os rapaces e rapazas. Ademais, dixo, obriga ao goberno galego a incluír a vacina no calendario e instar ao Ministerio de Sanidade a incluíla no calendario xeral.

Ademais, insta a que a Xunta elabore unha campaña informativa sobre a dispoñibilidade desta vacina contra a meninxite tipo B “nas oficinas de farmacia da Comunidade Autónoma”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a:

1. Adoptar as medidas oportunas para incluír no calendario vacinal obrigatorio a vacina contra a meninxite B. Neste senso instar ao Ministerio de Sanidade para que en función das novas evidencias científicas dispoñibles, decida a inclusión da vacina contra a meninxite tipo B no calendario vacinal.

2. Que mentres isto non ocorre, se habilite ás farmacias galegas, para que dispensen esta vacina, como sucede practicamente nas farmacias de toda Europa.

3. Elaborar unha campaña informativa sobre a dispoñibilidade da vacina contra a meninxite tipo B nas oficinas de farmacia da Comunidade Autónoma”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar