O PARLAMENTO APROBA UNHA INICIATIVA SOCIALISTA PARA DEMANDAR AO GOBERNO CENTRAL MELLORAS NAS ESTRADAS DE OURENSE CON DANOS POLAS OBRAS DO AVE

O PARLAMENTO APROBA UNHA INICIATIVA SOCIALISTA PARA DEMANDAR AO GOBERNO CENTRAL MELLORAS NAS ESTRADAS DE OURENSE CON DANOS POLAS OBRAS DO AVE

O PARLAMENTO APROBA UNHA INICIATIVA SOCIALISTA PARA DEMANDAR AO GOBERNO CENTRAL MELLORAS NAS ESTRADAS DE OURENSE CON DANOS POLAS OBRAS DO AVE

O Parlamento aprobou hoxe en comisión unha proposición non de lei dos socialistas galegos para demandar ao Adif traballos de mellora nas estradas de Ourense afectadas polas obras do AVE.

O portavoz de Infraestruturas do PSdeG, Raúl Fernández, lembrou “o malestar cidadán polas consecuencias das obras no rural de Ourense, con dez estradas e máis de cen quilómetros con danos”. Agradeceu o apoio á iniciativa pero demandou á Xunta unha labor máis activa para esixir as reformas ao Adif, “tendo en conta que hai moitos tramos deteriorados”.

“A construción da liña de alta velocidade Lubián–Ourense esixe un considerable movemento de maquinaria e de gran tonelaxe; desde o comezo das obras, fai xa varios anos, o continuo e permanente tráfico deste tipo de vehículos é visible nas pegadas que deixa na rede viaria”, apuntou.

Fernández manifestou que “estradas locais, provinciais, autonómicas e nacionais, que dan soporte a este tráfico, amosan un evidente deterioro facilmente recoñecible; de feito, as estradas autonómicas situadas neste ámbito de actuación aparecen parcheadas, nunha precaria labor de mantemento, para tapar fochas e deterioracións do firme”.

“Esta deterioración diaria da rede viaria autonómica está a producir unha merma da seguridade viaria co conseguinte malestar das persoas usuarias”, engadiu o socialista, que considera fundamental “una vez rematadas as obras do AVE, levar a cabo actuacións integrais en todas e cada unha das estradas de titularidade autonómica afectadas que revertan á súa situación orixinal”. “Esixo un compromiso en firme desta intervención posterior”, rematou.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar