O Parlamento aproba unha iniciativa socialista para a devolución das indemnizacións dos ex directivos de NCG

O Parlamento aproba unha iniciativa socialista para a devolución das indemnizacións dos ex directivos de NCG

O Parlamento aproba unha iniciativa socialista para a devolución das indemnizacións dos ex directivos de NCG

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha iniciativa socialista para que os antigos directivos de NCG devolvan as indemnizacións millonarias. A portavoz de Facenda do Grupo Socialista, María José Caride, amosou “vontade total e absoluta” de acadar un acordo transaccionado cunha iniciativa do PP logo de dúas propostas rexeitadas polo “rodillo” da maioría dos “populares”.

Esta proposta, presentada polo PSdeG-PSOE, pídelle ao Goberno galego que inste á Comisión de Control que anule ou revogue os acordos do Consello de Administración que aprobaron as indemnizacións millonarias para a súa reintegración no patrimonio da caixa de aforros e permitir ademais a compra de accións de NovaGalicia Banco co obxectivo de elevar a porcentaxe de participación mais aló do 7 por cento garantindo un mellor financiamento da obra social

Tamén reclama que os directivos de NCG e de NovaGalicia Banco desenvolvan a súa actividade “con transparencia”, e reclaman que fagan públicas as remuneracións dos actuais directivos da entidade “mentres exista participación de fondos públicos na entidade”.

Esta proposta chama a presentar un Proxecto de Lei reguladora das fundacións de carácter especial “tomando as medidas oportunas para evitar a participación en nome e representación da fundación especial de ningún membro do que se demostrara que tivera responsabilidade directa na desaparición de NCG” e establecer requisitos claros de profesionalidade e limitación no cargo sobre os representantes dos órganos de goberno.

Tamén insta a promover a continuidade da obra benéfico – social de NCG, “priorizando os seus gastos en actuacións de carácter benéfico social”, e solicita finalmente ao goberno do Estado que “facilite a participación dos aforradores galegos no capital da nova entidade en garantía do compromiso con Galicia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar