O Parlamento aproba unha iniciativa dos socialistas para demandar a posta en marcha dun sistema de etiquetado que reflicta “o país de procedencia da produción do leite”

O Parlamento aproba unha iniciativa dos socialistas para demandar a posta en marcha dun sistema de etiquetado que reflicta “o país de procedencia da produción do leite”

O Parlamento aproba unha iniciativa dos socialistas para demandar a posta en marcha dun sistema de etiquetado que reflicta “o país de procedencia da produción do leite”

vacasO Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei dos socialistas galegos para demandar “ao Goberno de España e a Comisión Europea a necesidade de abordar de forma urxente a posta en marcha dun sistema de etiquetado que reflicta o país de procedencia da produción, e non só do envasado, do leite de consumo e do leite usada como ingrediente en produtos lácteos”.

Na presentación da proposición, o portavoz de Medio Rural dos socialistas, Pablo García, lembrou que “esta normativa de etiquetado xa se aplica en infinidade de produtos como son as carnes de vacún, porcino, aves, ovino e caprino”.

“Acabamos de coñecer un informe elaborado polo Comisario de Agricultura da Comisión Europea para dar resposta ao Regulamento 1169/2011, que require que a comisión avalíe a posibilidade de introducir o etiquetado obrigatorio da orixe para o leite de consumo e o leite usado como ingrediente en produtos lácteos”, apuntou García.

Segundo explicou o deputado socialista, “en dito informe se vén a reflectir que a indicación da orixe no etiquetado de produtos lácteos sería custosa e que é algo pouco demandado polo consumidor”, engadindo que “nin a Xunta non o Goberno central fixeron nada tras coñecer este documento”.

“Sería custosa para a industria xa que tería que cambiar o sistema de trazabilidade cando usara leite de diferentes orixes, isto é algo que xa ten manifestado en numerosas ocasións a Asociación de Industrias Lácteas Europea, que segundo a súa diagnose iso redundaría en maiores custos que tería que pagar o consumidor e que implicaría que o gandeiro cobraría menos”, explicou.

En opinión de García, “resulta obvio que o etiquetado en orixe promove o consumo da produción doméstica, e que polo tanto adoita beneficiar ós produtores dos países deficitarios como é o caso do mercado español, e prexudicar aos países excedentarios”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar