O Parlamento aproba por unanimidade unha proposta socialista para reclamarlle á Xunta un plan de erradicación da herba da pampa en Galicia

O Parlamento aproba por unanimidade unha proposta socialista para reclamarlle á Xunta un plan de erradicación da herba da pampa en Galicia

O Parlamento aproba por unanimidade unha proposta socialista para reclamarlle á Xunta un plan de erradicación da herba da pampa en Galicia

Patricia Vilán lembra que a Xunta incumpriu unha iniciativa aprobada polo propio PP no mesmo sentido fai tres anos no Parlamento

herba_da_PampaA Comisión de Agricultura do Parlamento aprobou hoxe por unanimidade unha iniciativa socialista para reclamarlle á Xunta que execute un plan de erradicación da coñecida como “herba da pampa”. A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, lembrou que a Xunta leva tres anos incumprindo unha iniciativa semellante presentada polo propio PP.

A responsable socialista sinalou que esta especie invasora, importada da Arxentina nos anos 80, estase estendendo dende a súa ubicación ornamental nas medianas das autoestradas ata chegar a ameazar a biodiversidade.

Vilán lembrou que esta mesma Comisión aprobou unha iniciativa semellante en setembro do ano 2010, daquela por iniciativa do propio PP, e lamentou que “o goberno galego incumpre mesmo as iniciativas do seu propio grupo parlamentario”. Lamentou que a “falla de respecto” amosada polo goberno galego á actividade parlamentaria “chega a niveis enfermizos ao incumprir as súas propias iniciativas políticas”.

A responsable socialista presentou esta iniciativa diante da proliferación desta especie, especialmente nas localidades polas que atravesa a AP-9, e nomeadamente o Concello de Ordes, que esta mesma semana aprobaba a mesma iniciativa. A proposta insta ao goberno a prohibir o uso como planta ornamental da “cortadería selloana” e “inicie de inmediato un plan de erradicación e control da mesma en Galicia”.

Vilán puntualizou que “cando dicimos de inmediato queremos evitar precisamente que a proposta permaneza conxelada entre os muros de San Caetano durante outros tres anos, como os que fai dende que o Parlamento aprobou a anterior proposta do PP”.

A responsable de medio ambiente sinala que esta especie exótica “expándese con facilidade e, cando prende as súas raíces, estas se incrustan de maneira moi profunda” ameazando ás especies silvestres e ocupa o espazo doutras especies vexetais. A súa presenza, ademais, estase estendendo a pastizais, marismas ou incluso a bosques novos, onde aumenta o risco de incendio e pode provocar alerxias, como outras gramíneas.

Sinalou que a súa erradicación esixe un importante desembolso, de entre 2 e 10 euros por planta, mentres o método mais utilizado, con herbicidas, costa en torno a 4.200 euros por hectárea, e fan falla dúas aplicacións. Preguntou así si ao PP e ao goberno galego lles cumpre facer un investimento para frear unha especie que provoca “unha gran perda para a biodiversidade e para a paisaxe”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a que prohiba o uso como planta ornamental da cortadera –tamén chamada herba da Pampa- e inicie, de inmediato, un plan de erradicación e control da mesma en toda a Comunidade Autónoma”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar