O Parlamento aproba por unanimidade unha proposta socialista para adiantar o estudo do metro lixeiro en Compostela

O Parlamento aproba por unanimidade unha proposta socialista para adiantar o estudo do metro lixeiro en Compostela

O Parlamento aproba por unanimidade unha proposta socialista para adiantar o estudo do metro lixeiro en Compostela

A Comisión de Obras Públicas do Parlamento aprobou hoxe por unanimidade unha proposta socialista para que a Xunta adiante a entrega do estudo do metro lixeiro entre a estación do AVE de Compostela e o aeroporto de Lavacolla a 2012. O parlamentario socialista Xoaquín Fernández Leiceaga advertiu que malia este acordo o PP rexeitou comprometerse a licitar a construción no primeiro semestre de 2013.

A proposta socialista adianta un ano o prazo de entrega do estudo, dende os 30 meses previstos pola Xunta a 18, xa que deberá ser entregado antes do remate do ano 2012. Leiceaga reclamou á Xunta que priorice esta obra, xa que, explicou, cos prazos previstos orixinalmente, “non é que non teñamos metro lixeiro nesta lexislatura, e que non o vamos ter tampouco na próxima”.

Lamentou deste xeito que, malia que apoiasen a Proposición non de Lei socialista, votaron en contra dunha transacción co BNG para que a Xunta se comprometera a licitar a construción do metro lixeiro no primeiro semestre de 2013.

Leiceaga salientou a importancia desta conexión por canto Santiago de Compostela será en breve a estación central do AVE de Galicia, xa que este ano estará conectado con Ourense e á Coruña, e no próximo será a estación central no AVE Atlántico entre Vigo e A Coruña.

Acusou ao PP de paralizar esta proposta que formara parte dos programas electorais dos tres partidos políticos da Corporación Municipal, e lembrou que o propio conselleiro de Infraestruturas formou parte da lista do PP. Advertiu que a estación de Compostela vai ser o entronque principal do AVE galego pero carecerá dunha conexión co aeroporto pola obstrución do PP e o retraso da Xunta.

AVE

Leiceaga lamentou que o conselleiro de Infraestruturas “é moi esixente e garantista cos prazos do AVE á Meseta e en cambio resulta moito máis inconcreto, indefinido e laxo nas infraestruturas da súa responsabilidade”. Apuntou que o único en común entre a conexión ferroviaria e o metro lixeiro é que “en ningún dos dous vai poñer un só euro, na primeira porque non é da súa competencia e a segunda porque non ten prazo”.

Lembrou que a pesares do celo amosado polo PP e a Xunta polas obras de Fomento “non din unha palabra do seu compromiso electoral de conectar Ourense e Lugo a través de AVE e non teñen previsión de prazos para construír o metro lixeiro de Compostela”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar