O Parlamento aproba por unanimidade unha proposta socialista en contra do novo imposto para o viño

O Parlamento aproba por unanimidade unha proposta socialista en contra do novo imposto para o viño

O Parlamento aproba por unanimidade unha proposta socialista en contra do novo imposto para o viño

Pablo García reclámalle a adegas e sector comercializador que paguen puntualmente a uva aos agricultores, sen abonar dende a pasada temporada

A Comisión de Agricultura do Parlamento aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de Lei presentada polo portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, en contra do novo imposto para o viño que quere implantar o goberno central. O responsable socialista advertiu que a suba das taxas resultaría “letal” para o sector, e nomeadamente para as Denominacións de Orixe galegas.

O Parlamento acordou hoxe pedirlle á Xunta que se dirixa aos ministerios de Agricultura e Facenda para trasladarlles a súa oposición a esta proposta. Aludiu así ao informe da Comisión de Expertos para a Reforma do Sistema Tributario Español feito para o Ministerio de Facenda, que entre outras propostas recolle a posibilidade de impoñer “un imposto a tipo moi reducido para o viño”, malia que xa soporta un 21 por cento de IVE.

García demandoulle ao goberno galego que mude o “silencio cómplice” amosado ata agora por unha “oposición rotunda” en favor do sector vitivinícola galego. Lembrou que o resto das comunidades autónomas nas que o sector vitivinícola é importante “xa se manifestaron claramente en contra desta proposta, mentres aquí aínda non escoitamos ata o momento a opinión nin da conselleira nin de ningún responsable do goberno”.

Advertiu que o nivel de consumo de viño en España está dentro dos mais baixos dos países do entorno comunitario, co que un novo imposto que encarecera o prezo de adquisición deste produto, considerado legalmente como alimento, estrangulando o seu consumo e prexudicando as exportacións en beneficio dos países competidores.

Adegas

Logo de constatar o apoio do Parlamento galego ao sector, García instou ao sector comercializador e ás adegas que “sexan igual de solidarios, cumpran coas súas obrigas e paguen a uva aos agricultores”. Explicou que “non ten sentido que a día de hoxe os viticultores teñan a uva da temporada pasada aínda sen cobrar”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar