O Parlamento aproba por unanimidade unha iniciativa socialista para que o Goberno central garanta o ensino na diáspora das linguas de España

O Parlamento aproba por unanimidade unha iniciativa socialista para que o Goberno central garanta o ensino na diáspora das linguas de España

O Parlamento aproba por unanimidade unha iniciativa socialista para que o Goberno central garanta o ensino na diáspora das linguas de España

Marisol Soneira presenta unha iniciativa para que o goberno reconsidere a decisión de eliminar a sección consular de Basilea

A Comisión Institucional do Parlamento aprobou hoxe por unanimidade unha iniciativa socialista para que a Xunta demande do goberno do Estado que garanta o ensino na diáspora das linguas de España. A deputada socialista Marisol Soneira presentou esta iniciativa logo do “corte radical” nas clases presenciais de lingua do país de orixe entre os emigrantes.

Soneira advertiu que os descendentes dos galegos emigrados hoxe “non teñen ningunha posibilidade de obter un título oficial” na lingua do seu país de orixe, xa que as clases de lingua están a ser ofrecidas por colectivos de emigrantes, que asumen unha función “que debera desempeñar o goberno”. A deputada socialista chamou ao acordo do PP con esta iniciativa para que “nos fagan sentir útiles” para os galegos e galegas emigrantes.

A portavoz de Emigración do Grupo Socialista presentou unha proposta, que foi transacionada entre os grupos parlamentarios, na que insta ao Goberno a “reconsiderar a decisión de eliminar a sección consular de Basilea”, deixando desatendidos a centos de galegos emigrados que teñen que desprazarse a Berna.

Soneira apuntou a busca de “considerar a existencia de posibles alternativas mais eficientes” para garantir a prestación de servizos, como é o caso de facer depender a sección consular do consulado de Zurich.

Lembrou a importancia de manter este servizo para os emigrantes galegos nun país, Suíza, que non forma parte da UE, polo que os problemas de integración son diferentes que en calquera outro país do entorno comunitario.

Texto da iniciativa aprobada:

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que demande do Goberno do Estado:

1.- Reconsiderar a decisión de eliminar a sección consular de Basilea considerando a existencia de posibles alternativas mais eficientes, de ser o caso, para que quede garantida a prestación de servizos para os milleiros de españois alí residentes na actualidade.

2.- A que calquera remodelación dos servizos que o Estado presta no exterior á cidadanía española teña en conta:
- O número de cidadáns españois residentes na súa área de influencia.
- A socioloxía dos mesmos.
- Os fluxos migratorios do momento.
- A internacionalización das empresas e emprendedores españois.

3.- Que garanta os medios axeitados en materia educativa para a ensinanza das linguas e cultura española, naqueles países con idiomas distintos aos oficiais españois, co obxecto de facilitar os vínculos educativos formais co país de orixe e o seu retorno no futuro”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar