O Parlamento aproba por unanimidade a Lei dos enfermos terminais impulsada polo PSdeG, que sitúa a Galicia “á vangarda nas garantias dos dereitos das persoas”

O Parlamento aproba por unanimidade a Lei dos enfermos terminais impulsada polo PSdeG, que sitúa a Galicia “á vangarda nas garantias dos dereitos das persoas”

O Parlamento aproba por unanimidade a Lei dos enfermos terminais impulsada polo PSdeG, que sitúa a Galicia “á vangarda nas garantias dos dereitos das persoas”

acuñaO Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a Lei de Dereitos e Garantías da Dignidade dos Enfermos Terminais, unha iniciativa impulsada polos socialistas galegos que sitúa a Galicia “á vangarda nas garantías dos dereitos das persoas”.

“Esta lei amplía os dereitos e liberdades para vivir e morrer, a política ten que facilitar que as persoas vivamos con dignidade e teñamos o dereito a morrer sen dor e sen angustia”, asegurou no pleno a portavoz de Sanidade do PSdeG na Cámara, Carmen Acuña.

A deputada socialista explicou que o obxectivo último da norma é recoñecer os dereitos e recoñecer a dignidade de tódalas persoas “morran onde morran, teñan a idade que teñan e sexa pola razón que sexa”. A norma cubre un baleiro legal co que se enfrontaban médicos e pacientes nestes casos, que os situaba moi preto da clandestinidade.

Esta Lei, “necesaria para a cidadanía”, garante o remate da vida “sen dor, sen angustia, sen ansiedade e en paz” e obriga á administración a “garantir os coidados paliativos a tódalas persoas por igual”. Acuña salientou que a norma galega incluirá un “espazo digno” para estas persoas ao incluír a garantía a dispor dunha habitación individual nestes casos salvo situacións excepcionais.

A deputada socialista dixo que o texto acordado é o resultado dun “traballo plural, dialogante e tolerante, moito mellor que o orixinal”, e garante a obriga para o sistema sanitario público de “ofertar, facilitar e prestar esta atención por igual en todo o territorio”.

A lei, resumiu, recolle os dereitos das persoas en situación terminal e tamén das persoas que as acompañan, así como as garantías sobre o espazo no que son atendidas e inclúe os “dereitos e deberes dos profesionais”.

A responsable socialista explicou que a Lei mellora a calidade da morte de tódalas persoas a través dun texto “avanzado, moderno e respectuoso” que supón “o comezo, o primeiro paso na dignificación da morte”.

O texto consolida os dereitos dos enfermos terminais á información, á confidencialidade, á elección sobre a continuidade co suposto tratamento, ao rexistro da súa decisión, ao trato digno, á aplicación de coidados paliativos ou ao tratamento acaído da dor. A norma da seguridade aos profesionais sanitarios a ter un marco legal que ampare os coidados que xa están a aplicar.

O de hoxe trátase dun primeiro paso importante na defensa dos dereitos das persoas ao remate da súa vida que ten como obxectivo final aprobar unha Lei estatal que determine unha carteira de servizos mínimos no Sistema Nacional de Saúde.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar