O Parlamento aproba a iniciativa socialista para a investigación e conservación do túnel atopado na Muralla de Lugo

O Parlamento aproba a iniciativa socialista para a investigación e conservación do túnel atopado na Muralla de Lugo

O Parlamento aproba a iniciativa socialista para a investigación e conservación do túnel atopado na Muralla de Lugo

A portavoz de Cultura do grupo socialista, a deputada lucense Concepción Burgo, defendeu en comisión parlamentaria unha iniciativa para que a Xunta realice “unha ampla investigación arqueolóxica” sobre o túnel aparecido en xullo de 2016 durante unhas obras na Muralla de Lugo e promover a súa conservación e coñecemento, despois de case un ano “sen facer nada”. A iniciativa foi aprobada por unanimidade, pero puxo en evidencia novas contradiccións do goberno galego, xa que en agosto de 2016 fixeron público que era un túnel romano, e hoxe a deputada do PP asegurou na comisión que data do século XV-XVI.

 

“Miren se é necesaria esta iniciativa, que agora nin sequera sabemos se o túnel é romano ou medieval”, apuntou a socialista. “É fundamental sabelo, e se hai un estudo, publicalo”. Burgo lembrou que a responsabilidade da conservación deste Patrimonio da Humanidade é “na súa totalidade” da Xunta, e criticou que desde que en agosto de 2016 fixeron pública a noticia “non se soubo máis sobre este túnel nin o que está a facer a consellería sobre este importantísimo achádego”, ata precisamente o día seguinte a que ele mesma rexistrase no Parlamento esta iniciativa do grupo socialista. “E coma sempre, saíron a botar balóns fóra e a dicir que a culpa é do Concello”, reprochou. A deputada socialista defendeu que o túnel ten que ser “conservado, coñecido e se pode verse, moito mellor”, aínda que deixou claro que a decisión última que se tome sobre a súa conservación debe ser técnica e non política.

 

Burgo censura o “nivel de agresividade” do PP

Ante a resposta do PP á iniciativa socialista, Burgo advertiulles de que “nin a agresividade nin a soberbia lles axudan, senón que lles fan máis febles”, despois do ton empregado na resposta do grupo de goberno que xa está a ser habitual no PP tanto desde o goberno como no Parlamento. “Non sei a que vén este nivel de agresividade e de soberbia, non sei se é sinal de nerviosismo, de falta absoluta de democracia ou de falta de respecto aos demais”, afirmou. “Estas formas non son de recibo nun Parlamento democrático onde o mínimo que se pide é respecto. A agresividade e a soberbia o único que indican é inseguridade. Inseguridade nas accións da Xunta na Muralla neste caso”, aseverou.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar