O Parlamento aproba a demanda socialista de instar ao Goberno de España a incluír a podoloxía no SNS

O Parlamento aproba a demanda socialista de instar ao Goberno de España a incluír a podoloxía no SNS

O Parlamento aproba a demanda socialista de instar ao Goberno de España a incluír a podoloxía no SNS

O Parlamento de Galicia vén de aprobar unha iniciativa defendida polo portavoz de sanidade do grupo socialista, Julio Torrado, para demandarlle ao goberno de España a inclusión da podoloxía na Carteira Básica do Sistema Nacional de Saúde, “dotándoa dun financiamento xusto e necesario para a súa posta en marcha e desenvolvemento”. Ademáis, o socialista solicitou estudar a viabilidade de incluír os servizos de podoloxía e a categoría de podólogo/podóloga no sistema sanitario galego, puntos que foron rexeitados polo PP escudándose no suposto estudo dun convenio co Colexio de Podólogos que “non existe”, dixo.

 

“Gustaríame ver ese estudo da Xunta, aposto a que está nunha fase primaria, máis ben están pensando sobre o estudo”, ironizou Torrado, que lamentou que o PP faga en Galicia “o contrario do que pide nas comunidades nas que non goberna”, como Asturias ou Estremadura, e que “non fale de dotación de persoal cando son iniciativas aprobadas en febreiro e abril de este mesmo ano respectivamente”.

 

O socialista expuxo as demandas do Colexio Oficial de Podoloxía e defendeu a necesidade de “sumarse a outras comunidades cunha reivindicación común”, porque é unha demanda “cun apoio amplo e sensato”. Os podólogos, dixo, contan cunha formación “confiable e sólida”, con capacidade para a prescrición farmacolóxica e un importante nivel de especialización, cunha base legal que os respalda e co preciso apoio asistencial. Resaltou a capacidade destes profesionais na “diagnose e tratamentos de patoloxías, a prevención de problemas directos e indirectos e o tratamento do pé diabético”.

 

“É un servizo necesario para a redución de ingresos hospitalarios, a redución de amputacións ou o acurtamento de poscirurxías”, engadiu. Torrado saudou o consenso para reclamarlle a inclusión do servizo ao Goberno de España pero lamentou que non suceda así no caso de Galicia. “Somos conscientes de que é difícil incorporar un novo servizo,pero debe ser analizado. Ten lóxica apoiar a súa implantación a través dos servizos complementarios do Sergas, porque esta petición nace dunha ánálise rigurosa e ten un interese claro para a cidadanía”, defendeu na súa intervención.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar