O Parlamento aproba as dragaxes das dársenas de Ribadeo, Viveiro, Foz e Burela

O Parlamento aproba as dragaxes das dársenas de Ribadeo, Viveiro, Foz e Burela

O Parlamento aproba as dragaxes das dársenas de Ribadeo, Viveiro, Foz e Burela

burelaA Comisión de Pesca do Parlamento aprobou hoxe unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para pedirlle á Xunta que realice “de xeito inmediato” a dragaxe das dársenas portuarias de Ribadeo, Viveiro, Foz e Burela. O portavoz de Pesca, José Ramón Val, acusou ao PP e ao goberno galego de ter anunciado as dragaxes “sen data” porque “saben que non van facer nada”.

Val advertiu que “enganan aos veciños e veciñas da Mariña” con promesas baleiras feitas para “salvar a cara” en campaña electoral e dixo que “a partir do 24 de maio –o día das eleccións- non van facer absolutamente nada”. Lembrou que o PP leva seis anos rexeitando tódalas emendas socialistas para incluír estas actuacións nos orzamentos.

Acusou ao goberno galego de chegar ao “límite do absurdo” para tratar de esquivar a súa responsabilidade tentando “cargarlle a intervención á concesionaria” dos portos cando o contrato tan só inclúe obras menores e mesmo “enfrontándose coas directivas dos clubes náuticos de Ribadeo e Viveiro”.

O responsable socialista alertou da urxencia destas actuacións por canto en Ribadeo “pasouse de 2,5 metros de calado a tan só 60 centímetros nalgunhas zonas”, ademais de un “gran problema na bocana de acceso ao porto”. No caso de Viveiro, dixo, as últimas mareas vivas deixaron en seco ao porto, provocando que as embarcacións quedaran varadas enriba da orza, cun evidente risco de accidente.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a continuar as xestións en curso e os trámites preceptivos xa en marcha e acometa de xeito inmediato o dragado das dársenas portuarias de Foz, Ribadeo, Viveiro e Burela, co fin de recuperar a súa operatividade e evitar posibles situacións de risco para as persoas e as embarcacións”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar