O Parlamento aproba abrir a unidade de hemodinámica en Lugo e garantir as unidades de Ourense e Lugo as 24 horas

O Parlamento aproba abrir a unidade de hemodinámica en Lugo e garantir as  unidades de Ourense e Lugo as 24 horas

O Parlamento aproba abrir a unidade de hemodinámica en Lugo e garantir as unidades de Ourense e Lugo as 24 horas

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade unha moción do Grupo Socialista para abrir a unidade de Hemodinámica de Lugo e garantir o funcionamento das unidades de Ourense e Lugo durante 24 horas ao día. O parlamentario socialista Miguel Ángel Fernández reclamou así o remate da discriminación destas áreas sanitarias.

Miguel Ángel Fernández sinalou que con esta iniciativa “a Consellería de Sanidade ten que abrir a Unidade de Hemodinámica Cardíaca como máximo no mes de abril de 2012, para que funcione durante as 24 horas do día. Esta moción esixe tamén que a unidade de hemodinámica de Ourense “pase a funcionar 24 horas en lugar das 8 diarias que traballa a día de hoxe”.

Engadiu que os servizos de radioterapia e medicina nuclear “terán que abrir tamén de xeito inmediato sen mais retrasos nin xustificacións por parte da Xunta de Galicia”. Acusou á Xunta de ter “paralizada a instalación das unidades de hemodinámica, radioterapia e medicina nuclear no novo Hospital de Lugo”, mentres limita este servizo no de Ourense.

Con esta proposta solicitou a dotación inmediata destas unidades e a súa posta en marcha para “rematar co agravio comparativo que se produce no tratamento dos pacientes con patoloxía coronaria en Santiago, Vigo e A Coruña”.

Emenda rexeitada

Fernández rexeitou unha emenda presentada polo PP para “simplemente analizar” a instalación destas dotacións, co que “queda claro que a intención da Consellería de Sanidade é poñer en dúbida a necesidade da apertura de ditos servizos”. Isto “pon en perigo unha asistencia adecuada dos pacientes de Lugo e Ourense que tanto os usuarios como os profesionais e demais colectivos veñen reclamando dende hai anos”.

Lembrou ao PP e ao PP que “non se necesita ningún proxecto de asistencia para analizar a instalación no Hula dun Servizo de Hemodinámica”, xa que esta ven marcada “polas guías clínicas das diferentes sociedades científicas mundiais”. Advertiu que esta emenda “pon en dúbida a súa apertura logo de anos prometendo os servizos”.´

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar