O parlamento aproba a proposta socialista dunha plataforma que facilite programacións didácticas a todo o profesorado galego

O parlamento aproba a proposta socialista dunha plataforma que facilite programacións didácticas a todo o profesorado galego

O parlamento aproba a proposta socialista dunha plataforma que facilite programacións didácticas a todo o profesorado galego

O Parlamento de Galicia vén de aprobar unha proposta exposta polo portavoz de Educación do grupo socialista, Luis Álvarez, para que a Xunta dote ao sistema educativo galego dunha plataforma tecnolóxica que facilite propostas de programacións didácticas para todos os profesores e profesoras de Galicia, respectando a “autonomía” dos centros, que poderán tomalas como referencia e realizar as adecuacións oportunas.

Álvarez trasladou esta iniciativa como apoio aos docentes ante a “lamentabilísima inestabilidade” que vive o profesorado polo continuo cambios de normativa e currículos educativos, o que lles obriga a “asumir unha carga inevitable” de elaboración e cambio de programacións allea ao traballo de dar clase e cun elevado compoñente administrativo. O socialista trasladou tamén a importancia desta proposta que afecta a decenas de miles de persoas en Galicia para “garantir o dereito á información e a transparencia” dos pais e nais, para que coñezan o que estudarán os seus fillos e fillas.

Os socialistas esperan que a posta en marcha desta plataforma tecnolóxica poida levar a Galicia a unha “situación de liderado no eido da innovación educativa” e piden que comecen os traballos de forma inmediata, destacando que na comunidade existe “un profesorado e un corpo de inspectores de educación extraordinariamente cualificado” para elaborar e supervisar os contidos adecuados á normativa vixente en cada momento.

Texto definitivo aprobado:

O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a ampliar ás etapas de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria e bacharelato a liña emprendida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en Formación Profesional, e poñer en funcionamento á maior brevidade posible o conxunto de instrumentos e ferramentas informáticas que permitan a elaboración das programacións didácticas acordes co modelo curricular vixente

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar