O Parlamento aproba a Lei pola Visibilidade e non Discriminación das persoas LGTBI impulsada polos socialistas galegos

O Parlamento aproba a Lei pola Visibilidade e non Discriminación das persoas LGTBI impulsada polos socialistas galegos

O Parlamento aproba a Lei pola Visibilidade e non Discriminación das persoas LGTBI impulsada polos socialistas galegos

José Ramón Gómez Besteiro cualifica a norma de “histórica” e un “éxito dos socialistas e dos grupos LGTB” para “facer normal o que a sociedade entende como normal”

O Pleno do Parlamento aprobou hoxe a Proposición de Lei de non discriminación de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais de Galicia. Esta norma foi presentada polos socialistas galegos e foi aprobada finalmente nunha xornada que o seu secretario xeral, José Ramón Gómez Besteiro, cualificou de “histórica”.

Galicia é así, grazas ao impulso dos socialistas galegos, a primeira Comunidade Autónoma do Estado que conta cunha Lei destas características que, malia ás eivas impostas polo PP, garante a non discriminación nos procesos de adopción, atención sanitaria para as terapias relacionadas coa transexualidade e inclúe a realidade LGTBI nos currículos escolares, visibilizando os diferentes modelos de familia.

O líder dos socialistas galegos dixo que a aprobación hoxe desta norma supón un “éxito dos socialistas galegos e dos grupos LGTB” que traballaron para levar adiante a norma e “visibilizar” a realidade destas persoas “dende a transparencia e a normalidade”. “Hoxe –dixo- é un día para a satisfacción” no que foi aprobada esta norma a modo de “folla de ruta” para continuar na normalización da realidade dos LGTBI.

Salientou ademais que a norma fora aprobada sen votos en contra, co apoio tamén do grupo maioritario do Parlamento de Galicia, no que é o punto final dun proceso de diálogo entre os diferentes partidos que integran a Cámara autonómica, que demostra que “os pactos enriquécense coas aportacións de todos e de todas”.

Garantías

A portavoz de LGTB do Grupo Socialista e promotora da proposición de Lei, Carmen Gallego, sinalou que a norma constitúe “unha Lei de garantías e unha Lei de cidadanía pensada para mellorar a vida de 300.000 galegos e galegas, que poidan vivir a súa vida sen problemas e en liberdade e que non teñan que vivir mais no sufrimento, o medo e a vergoña”.

Gallego salientou que a norma “sitúa a Galicia na vangarda de España e na UE en canto a instrumentos para asegurar a igualdade de trato”. Explicou que “somos a primeira Comunidade Autónoma que lexisla sobre a visibilización e non discriminación das persoas LGTBI, e que “aportará confianza e seguridade a todas aquelas persoas vítimas de discriminación que ata agora non sabían ónde acudir para reclamar os seus dereitos”.

Chamou a “controlar ao goberno para que o que se anuncia se cumpra”, e “frear a involución nas medidas homófobas que están adoptando os gobernos do PP”. Reclamou que con esta Lei “non se volvan a dar” en Galicia os casos de discriminación nas adopcións de parellas homosexuais, as dificultades para inscribir o cambio de sexo nos rexistros civís ou a imposibilidade de reasignación de sexo aínda con sentenzas xudiciais.

Dixo que “queda un longo camiño, pero o inicio é esperanzador” e citou ao ex presidente Zapatero cando, no debate do matrimonio entre persoas do mesmo sexo, dixo que “nada importa mais que a liberdade, nada ofende mais que a discriminación e nada compromete mais que a loita pola non dominación”.

Adopcións

Gallego explicou que a Lei garante a non discriminación nos procesos de adopción e abre a porta a establecer programas de divulgación das distintas realidades afectivo – sexuais e de xénero en colaboración cos concellos. No ámbito da saúde garante o coñecemento da información sobre homosexualidade, bisexualidade e transexualidade que recolle a OMS, así como atención sanitaria para as terapias relacionadas coa transexualidade.

Esta norma faculta ademais ao Valedor do Pobo como autoridade independente para velar polas causas previstas, declarándoo órgano de mediación e conciliación para apoiar ás persoas que poidan sufrir discriminación e tramitando as súas queixas e reclamacións.

Gallego salientou que, no ámbito laboral, impulsa medidas para previr e corrixir a discriminación no marco do diálogo social e da negociación colectiva. A Lei aprobada hoxe establece tamén a creación dunha sección específica na Biblioteca de Galicia sobre o feito LGTBI e apoia as producións culturais que potencien os referentes positivos da homosexualidade, bisexualidade e transexualidade.

Rebaixa

No lado negativo, lamentou que as emendas impostas polo PP limitaran o texto orixinal, incorporando inseguridade xurídica ao eliminar as definicións e o réxime sancionador. Tamén rexeitaron a inversión da carga da proba como medio de protección das vítimas de discriminación, e lembrou que a UE introduciu un sistema probatorio mais favorable cara estas persoas.

Ademais, o PP rexeitou poñer en marcha protocolos sobre agresións homofóbicas e transfóbicas, si ben aceptou finalmente a presentación de informes periódicos diante do Parlamento de Galicia e criticou que o PP quixera “empeorar e rebaixar as pretensións” da Lei.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar