O Parlamento aproba a iniciativa socialista de crear un programa específico para previr e erradicar o abuso sexual a menores

O Parlamento aproba a iniciativa socialista de crear un programa específico para previr e erradicar o abuso sexual a menores

O Parlamento aproba a iniciativa socialista de crear un programa específico para previr e erradicar o abuso sexual a menores

A deputada socialista Noela Blanco presentou esta mañá unha proposición non de lei para instar á Xunta de Galicia a impulsar un programa específico de asesoramento e coordinación de actuacións do maltrato e o abuso sexual infantil, contando coa colaboración de entidades sen ánimo de lucro e especializadas en atención e protección da infancia.

Unha iniciativa que, xunto coa actualización do Protocolo de Actuación en Abusos Sexuais a Menores, foi aprobada na Comisión de Sanidade e Política Social do Parlamento.

Blanco recordou que en Galicia contamos con medios “escasos comparados cos das outras comunidades”, que se limitan a unha liña telefónica de axuda, pouco coñecida polos menores, e a equipos de servizos sociais moi básicos nalgúns concellos, e insistiu en que “o primeiro que hai que facer para saber qué recursos precisamos é unha análise da situación”; poñendo “blanco sobre negro” neste asunto.

En España 1 de cada 4 nenas e 1 de cada 6 nenos sufriron algún tipo de abuso sexual na infancia ou na adolescencia, e tan só entre un 10 e un 20% dos casos chegaron ós xuzgados. Uns datos que reflicten que se trata dun tema “tabú” que “está totalmente invisibilizado”.

Modificación do Código Civil

O Grupo Parlamentario Socialista solicitou tamén á Xunta que inste ó Goberno central a modificar o Código Civil para rematar coa obrigatoriedade dos menores de precisar o consentemento de ambos proxenitores para solicitar axuda psicolóxica, defendendo que “ante a máis mínima dúbida sempre se debe salvagardar e protexer a integridade física e emocional das nenas e dos nenos, por diante de calquera outra circunstancia”.

De feito, o Partido Socialista xa rexistrou hai meses no Congreso dos Deputados unha iniciativa no mesmo sentido por consideralo “un asunto de vital importancia que temos previsto levar ao Pacto de Estado Contra a Violencia para garantir a seguridade dos menores”.

 

 Texto final transaccionado

  O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:

  A) - Realizar  campañas  de  prevención  da  desprotección  infantil,  en  especial  do maltrato e do abuso sexual.

  - Planificar   e   programar   accións   formativas   en   materia   de   valoración   e intervención do maltrato infantil e do abuso sexual infantil.

 - Actualizar o Protocolo de Actuación en Abusos Sexuais a Menores.

 - Desenvolver  un  programa  de  asesoramento  e  coordinación  de  actuacións  naatención do maltrato e o abuso sexual infantil.

 B) Que se  dirixa  ao  Goberno  de España para realizar unha revisión da lexislación en materia de consentimento dos proxenitores para  garantir  a  adecuada  protección  da  infancia  e  garantir  o  interese superior do menor.

 C) Impulsar un programa específico de asesoramento e coordinación de actuacións nas atencións do maltrato e o abuso sexual infantil contando coa colaboración de entidades sen ánimo de lucro e especializadas en atención e protección da infancia.

 

 

 

 

 

Patricia Torres

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar