O Parlamento admite a trámite a Lei de visibibilidade e non discriminación de LGTB presentada polo PSdeG

O Parlamento admite a trámite a Lei de visibibilidade e non discriminación de LGTB presentada polo PSdeG

O Parlamento admite a trámite a Lei de visibibilidade e non discriminación de LGTB presentada polo PSdeG

O Pleno do Parlamento aprobou hoxe por unanimidade a toma en consideración da Lei pola Visibilidade e non discriminación de LGTB presentada polos socialistas galegos. A portavoz de Políticas Sociais, Mocidade, Voluntariado, Cooperación e LGTB do Grupo Socialista, Carmen Gallego, presentou esta iniciativa que comeza agora o trámite parlamentario.

 

Gallego fixo un chamado para que a Lei serva para “volver á sociedade inclusiva e cohesionada coa que todos soñamos independentemente de a quén amemos”. Apostou por que o debate parlamentario serva para “incluír cuestións que dende a presentación da Lei” na Cámara, no pasado mes de xullo, “foron eliminadas ou pretenden ser eliminadas da práctica política pública polo goberno do Estado e pola Xunta de Galicia”.

 

A responsable socialista chamou a recuperar a asignatura de Educación para a Cidadanía “e dentro dela a educación en distintas orientacións sexuais”, a posibilidade de inscribir nos consulados aos fillos de ventres de aluguer, a “non seguir incumprindo a Lei de Reasignación de Sexo” e que “non se leve a cabo a pretensión de eliminar da sanidade pública a reprodución asistida para mulleres soas ou lesbianas”.

 

Resumiu que o obxectivo desta proposición de Lei é o de acadar a “igualdade plena, efectiva e real, de tódalas persoas independentemente da súa orientación sexual”. Está pensada, engadiu, para que o principio de igualdade de trato sexa unha realidade cotiá para as persoas que seguen enfrontándose a diario a situacións de discriminación, acadando “unha sociedade mais libre e digna, e que ninguén mais se sinta discriminado”.

 

Reclamou a mellora da vida dos 300.000 galegos e galegas que queren “vivir a súa vida sen problemas e en liberdade”, e para os mozos e mozas que teñen que marchar de Galicia pola homofobia que padecen, e mesmo evitar a emigración interior de persoas LGTB dende o rural.

 

Medidas

 

A parlamentaria socialista explicou que o obxectivo da norma é ofrecer á sociedade a información suficiente e as medidas legais necesarias para garantir a non discriminación e a igualdade de trato cara as persoas LGTB. A lei regula, por exemplo, a creación dun servizo de apoio e mediación para estas persoas por parte da Xunta no prazo dun ano, así como ampliar a condición de familia á unión de dúas persoas, estean rexistradas ou non.

 

Tamén contempla a formación dos responsables de ANPAS e centros educativos, así como ao persoal sanitario, para que saiban atender a lesbianas, gais, transexuais e bisexuais e así previr discriminacións.

 

En concreto, a Lei regula medidas nos eidos da policía, a xustiza, o entorno laboral, familiar, de saúde, educación, cultura e ocio e comunicación para aplicar tamén en Galicia os avances en dereitos civís acadados nos últimos anos no Estado e na Comunidade Autónoma.

 

Os socialistas propoñen así que sexa o Valedor do Pobo o órgano encargado de velar polo cumprimento da Lei, a imaxe do Defensor del Pueblo a nivel estatal. Gallego explicou que  a Lei inverte a carga da proba, obrigando ao discriminador a demostrar que non vulnerou o principio de igualdade de trato. Ademais, determina que nun ano a Xunta poña en marcha un servizo de información, atención e asesoramento a LGTB en colaboración cos gobernos locais.

 

Tamén establece un protocolo de actuación sobre agresións homofóbicas, bifóbicas e transfóbicas que conleve informes periódicos, estudos, memorias e estatísticas sobre estas agresións.

 

Regula ademais a elaboración dun estudo da situación destas persoas nos seus lugares de traballo, incluíndo o traballo autónomo, así como medidas específicas de protección durante o seu paso por comisarías e centros penitenciarios, incluíndo tratamentos psicolóxicos.

 

Carmen Gallego sinalou que a Lei presentada polos socialistas galegos propón a recuperación da memoria histórica, creando un espazo no Museo do Pobo Galego que albergue un centro de documentación de referencia sobre o feito LGTB e a memoria de represaliados durante o franquismo.

 

Ademais, establece unha serie de medidas dirixidas aos medios de comunicación, como o seguimento da publicidade e un protocolo de tratamento da diversidade afectivo – sexual e a linguaxe empregada.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar