O pago de comedor para os rapaces usuarios de transporte é "inxusto e ilegal"

O pago de comedor para os rapaces usuarios de transporte é "inxusto e ilegal"

O pago de comedor para os rapaces usuarios de transporte é "inxusto e ilegal"

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, cualificou hoxe de “inxusto e ilegal” o decreto da Xunta que obriga a pagar polo servizo de comedor aos rapaces do rural que teñen que desprazarse en transporte escolar a outros concellos. Así o dixo na comparecencia do secretario xeral técnico da Consellería de Educación na Comisión de Educación do Parlamento.

 

O responsable socialista esixiu a modificación do decreto –“aínda que o corpo me pide reclamar a súa derrogación”- para consensualo coa comunidade educativa, que ve “cabreada” coa nova norma. Lembrou que a norma da Xunta “debe respectar a legalidade, ás familias, os dereitos do profesorado e en concreto os dos directores” aos que obriga a asumir funcións fora do seu estatus laboral.

 

Dixo que o decreto de comedores vulnera a Lei Orgánica de Educación en vigor, que no seu artigo 82.2 establece que os rapaces que teñan que trasladarse fora do seu concello teñen que contar con servizo de transporte, comedor e mesmo internado gratuítos. Acusou ao PP de vulnerar este dereito “imprescindible para garantir a igualdade de oportunidades dos alumnos e alumnas”.

 

Docasar anunciou “confrontación ideolóxica” co PP sobre este aspecto, e anunciou que “os nosos expertos están estudando” acudir á xustiza porque “non descartamos nada, chegaremos onde teñamos que chegar” para restablecer este dereito. Criticou a “soberbia” do PP galego, que utiliza a maioría parlamentaria para rematar cun dereito establecido dende a época franquista e que se mantén en todo o Estado.

 

Rectificar

 

Reclamoulle ao PP que “non sexan tozudos e recapaciten, rectificar non é un acto de debilidade”, especialmente diante dunha norma que esperta “serias dúbidas” sobre a súa legalidade e a súa viabilidade. Explicou así os problemas que pode xerar que haxa rapaces que pidan volver a comer a casa e lles teñan que ofrecer transporte, ou que obriguen aos autobuses a agardar ao remate do xantar.

 

Ironizou co feito de que “tódalas demais comunidades autónomas están equivocadas, mesmo a campioa dos recortes, Cospedal, e vostedes son os mais listos e innovadores”. Advertiu que “a maioría parlamentaria non lles da dereito de suprimir o servizo gratuíto de comedor ao alumnado do rural, milleiros de bolsas de estudos, deixar sen axudas para libros de texto a unha parte non pequena do alumndo na educación obrigatoria, nin a conceder axudas ilegais a centros que segregan aos alumnos por sexo”.

 

Lamentou que mentres en Galicia recortan os dereitos dos rapaces do rural, en Andalucía 50.000 rapaces de familias con necesidades especiais teñen almorzo e merenda gratuíta, e en Canarias foron ofrecidas no verán clases de inglés e a comida a mediodía para rapaces con poucos recursos.

 

Mais quen mais ten

 

O parlamentario socialista amosouse favorable a “facer que pague quen mais ten”, si ben puntualizou que “non hai que pagar nas oficinas dos colexios, senón na declaración da renda en xuño”. Docasar esixiu “o mesmo comedor, o mesmo menú, os mesmos dereitos e deberes” independentemente da renda das familias “porque si non acabaremos diferenciando nos hospitais os doentes que  vaian en cama e os de liteira”.

 

O portavoz socialista advertiu que mentres a Xunta estaba a pagar uns  2 euros por rapaz e día aos colexios para o servizo de comedor, agora fará pagar tramos de 1, 2,5 e 4,5 euros por día, e advertiu que “non vaia ser que estean pensando en facer negocio para financiar parte dos gastos de persoal, luz, combustible ou  material dos centros” con estas tarifas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar