O obxectivo do PP é impedir o traballo da oposición na Comisión de Investigación sobre a fusión das caixas

O obxectivo do PP é impedir o traballo da oposición na Comisión de Investigación sobre a fusión das caixas

O obxectivo do PP é impedir o traballo da oposición na Comisión de Investigación sobre a fusión das caixas

A viceportavoz do Grupo Socialista, Carmen Gallego, en resposta a unha pregunta en rolda de prensa, cualificou de “escándalo” que na Comisión das Caixas se tivera que aprobar o carácter reservado “sen ter visto previamente os documentos”. Recordou que a posición socialista foi “en contra” de calquera declaración de carácter reservado de ningún documento.

Denunciou que os documentos reservados e non reservados atópanse na mesma sala vixiada, o que impide que técnicos poidan acceder á documentación sen clasificar, tal e como avalan os informes da asesoría xurídica.

Salienta a deputada que se está a desenvolver un proceso “acumulado” de comparecencias, que serán durante todos os xoves e venres de xuño e intensificaranse en xullo. A intención do Grupo Popular, revela Gallego, é que “os deputados non teñamos tempo de ler, literalmente, a documentación”.

Censura ao PP por optar por unha “táctica de ocultación”, ao declarar reservados uns documentos que, ao lelos, pódese confirmar que “non teñen este carácter”, ao non poñer en risco ningunha estratexia comercial ou datos confidenciais. “É un invento do PP para ocultar a información”, insiste a deputada socialista.

Ao mesturar na mesma sala a documentación reservada e non reservada, os populares están a impedir o funcionamento normal de acceso a información dos deputados. Si polo art.9 se pode remitir aos parlamentarios unha documentación solicitada por correo ou en papel, non entende que para ver un documento, reservado ou non, haxa que ir a unha sala vixiada, comenta Carmen Gallego.

A estratexia do PP está clara, afirma, “impedir que os deputados da oposición fagan o seu traballo na comisión das Caixas”. Gallego anunciou o pronunciamento do portavoz socialista sobre o desenvolvemento da comisión coincidindo coa primeira xornada de comparecencias.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar