O modelo discriminatorio do ensino de Feijóo "destroza a equidade do sistema"

O modelo discriminatorio do ensino de Feijóo "destroza a equidade do sistema"

O modelo discriminatorio do ensino de Feijóo "destroza a equidade do sistema"

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, acusou hoxe a Feijóo de impoñer un “modelo discriminatorio” no ensino público co que “está destrozando a equidade do sistema”. Os socialistas galegos empregaron a sesión de control celebrada no Parlamento para criticar un modelo de gratuidade de libros de texto “un 30 por cento mais caro que afecta a un 40 por cento menos de estudantes. O responsable socialista advertiu da “fixación negativa coa educación” por parte do PP, que “sempre que gobernaron recortaron en equidade, gratuidade e gasto público, situando a España e Galicia no “récord europeo nos recortes en ensino e sanidade”. Feijóo recortou en

Galicia, lembrou, a razón de 321 millóns de euros cada ano en ensino, o que supón 4.000 euros por familia e ano, pasando do 5 ao 3,7 por cento do PIB. Méndez Romeu dixo que o PP “quere segregar e non integrar” impoñendo as reválidas no ensino público e seguindo un obxectivo claro de “clasificar e sinalar para logo discriminar” a través de sistemas educativos excluíntes mentres “mercantilizan o coñecemento”. A mensaxe para as familias é demoledora, dixo, “si queren resultados búsquense a vida en centros privados, se non lles importa o futuro dos seus fillos déixenos en centros públicos mais abandonados, con taxas elevadas de menores con problemas e cunha insuficiencia crónica de recursos”. Gratuidade O responsable socialista puxo como exemplo a destrución do sistema de gratuidade universal de libros de texto, convertido nunha “oferta de gratuidade parcial e selectiva moito mais cara”. O modelo de Feijóo, dixo, é un 30 por cento mais caro e beneficia a un 40 por cento menos dos estudantes, 80.000 deles que antes tiñan libros e agora non, “un fracaso absoluto como xestores”. Desmentiu ademais o argumento do PP de retirarlle os libros gratuítos aos “ricos”, que cualificou de “sofisma que non pode tapar a escandalosa desigualdade que medra con vostedes”. En realidade “elixiu baixarlles os impostos aos mais ricos para que lles fora mais doado pagar os libros” cando “deberan contribuír mais coa súa riqueza”. Os socialistas galegos “reclamamos igualdade e solidariedade” a través dunha “fiscalidade progresiva e un Estado do Benestar con servizos públicos universais e gratuítos” porque “os servizos para pobres acaban sendo servizos pobres, que non están pensados para paliar a pobreza, senón para reportar a condición de pobreza”. O modelo de gratuidade universal, dixo, “é mais equitativo e custaría menos, dende logo moito menos do que gastan en propaganda, nos escandalosos e manipulados informativos de televisión e do que gastan en asesores”. Estratificación social Méndez Romeu acusou a Feijóo de “impulsar a estratificación social no ensino” a través dun sistema que “clasifica e segrega” volvendo ao sistema de “escolas con dúas portas e universidades con funís de acceso”. Hoxe modelan aquel sistema para impoñer unha “clasificación sutil baseada na etiquetaxe, con estudos universitarios gratuítos e outros de pago, substituíndo a equidade polo que mal chaman eficiencia”. Acusou ao goberno galego de obviar as obxeccións “masivas” dos centros de ensino, dos profesores, as familias, os libreiros e mesmo a Defensora do Pobo, que advertiu que co novo modelo de gratuidade de libros de Feijóo “o obxectivo parcial da gratuidade ten sufrido un importante retroceso no importe global e nos fins que persegue”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar