O Ministerio de Sanidade destina a Galicia 2,7 millóns de euros para diversas actuacións

O Ministerio de Sanidade destina a Galicia 2,7 millóns de euros para diversas actuacións

O Ministerio de Sanidade destina a Galicia 2,7 millóns de euros para diversas actuacións

O Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde acordou -nunha reunión presidida pola Ministra de Sanidade, Leire Pajín- a distribución de 71 millóns de euros para a realización de programas relacionados coa prevención e promoción da saúde, programas autonómicos derivados do Plan Nacional sobre a SIDA, e programas para favorecer o uso racional dos medicamentos e a asistencia sanitaria a pacientes crónicos e polimedicados. Destes fondos, máis de 45 millóns de euros repartiranse directamente ás CCAA.

O deputado ourensán Alberto Fidalgo destaca que Galicia recibe destes fondos máis de 2,7 millóns de euros "a pesar da ausencia da Conselleira galega de Sanidade seguindo o boicot do PP, que ordenou aos Conselleiros de Sanidade do seu partido a non asistencia ao Consello Interterritorial".

"Este feito -sostén- confirma unha vez máis a estratexia partidista do PP, que impediu a consecución de ningún pacto para a sanidade varias veces tentado ao longo desta lexislatura". "Pola contra -abunda- o Consello Interterritorial veu celebrando as súas reunións con normalidade durante os últimos 7 anos demostrando tamén agora, baixo a presidencia da Ministra Pajín, a súa absoluta vixencia e eficacia pois non só distribuíu importantes fondos senón que tratou tamén un Anteproxecto de Lei tan importante como é o de coidados paliativos".

Así, resalta que, segundo a distribución de fondos realizada, os 2,7 millóns de euros que recibe Galicia repartiranse do seguinte modo: 1.244.889 euros para pacientes polimedicados co fin mellorar e facilitar os tratamentos a pacientes que toman 6 ou máis medicamentos de forma continuada durante un período igual ou superior a 6 meses; 316.495 euros para diferentes estratexias de saúde como cancro, saúde mental, diabetes, saúde sexual; 322.691 euros para sistemas de información, cartón sanitario, etc; 266.000 euros á loita contra a SIDA; e 122.498 euros á promoción e prevención de saúde (por exemplo para prevención de caídas nos maiores ou prevención e control do tabaquismo) Ademais, en Galicia veranse beneficiados diferentes proxectos de investigación independente para o que se destinan 21 millóns de euros no conxunto do estado.

Finalmente, tamén se destinan a Galicia para a atención de coidados paliativos e o proceso final da vida 497.246 euros.

Precisamente, sinala que o Consello Interterritorial ha tratado o Anteproxecto de Lei de Dereitos da persoa no proceso final da vida, cuxos obxectivos fundamentais son a protección da dignidade das persoas enfermas que se atopan en fase terminal ou de agonía e a garantía do pleno respecto da súa libre vontade da toma de decisións sanitarias que afecten ao devandito proceso. Ademais, a Lei garántelle a estas persoas unha serie de dereitos como á información asistencial, á toma de decisións, ao tratamento da dor, ao acompañamento e á intimidade.

Fidalgo, que xa foi relator da Lei 41/2002 de Autonomía do Paciente e Dereitos e Obrigacións en materia de información valora "moi positivamente" este Anteproxecto de Lei que proximamente será remitido ás Cortes e que "supón un paso decisivo no apoio aos pacientes cando afrontan procesos irreversibles ao final da vida e tamén ás familias neses momentos tan delicados nos que é primordial evitar sufrimentos e manter o dereito á dignidade e á intimidade de maneira especial".

O deputado socialista considera de especial gravidade a ausencia dos Conselleiros do PP nun Consello Interterritorial no que se tratou tamén todo o proceso da crise xerada en Alemaña pola bacteria E coli e no que quedou patente a rigorosidade do Goberno de España no tratamento dun tema tan delicado e na defensa dos intereses do sector agroalimentario español baseándose sempre nas probas e conclusións técnicas e científicas que se ían producindo.

Lamenta o deputado neste sentido que "unha vez máis o PP non estivo á altura das circunstancias e ha caido de novo na tentación de utilizar calquera dificultade que atravese o noso país para atacar ao Goberno"

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar