O Ministerio de Interior pretende agochar a situación dos cárceres galegos aos deputados autonómicos

O Ministerio de Interior pretende agochar a situación dos cárceres galegos aos deputados autonómicos

O Ministerio de Interior pretende agochar a situación dos cárceres galegos aos deputados autonómicos

TeixeiroA deputada socialista Carmen Acuña amosou hoxe a súa “sorpresa e preocupación” pola negativa do Ministerio de Interior a unha visita aos centros penitenciarios galegos impulsada polo Grupo Socialista. Acusou ao goberno de “agochar a situación real dos cárceres galegos” aos representantes da Cámara autonómica.

A responsable socialista solicitara unha visita aos cárceres galegos, que foi trasladada ao Delegado do Goberno, quen llela remitiu ao Ministerio do Interior, obtendo unha resposta negativa “alegando que a visita está restrinxida aos deputados e senadores no Congreso”.

Acuña amosou a súa “fonda preocupación, non vaia ser que dende o goberno queiran agochar a verdadeira situación” dos cárceres situados en Galicia e advertiu que “desconfiamos da repercusión dos recortes orzamentarios nas condicións de vida dos reclusos”.

Esta desconfianza, sinala, aumenta logo de coñecer o impedimento do Goberno a “cumprir coa nosa obriga de informarnos para responder acaídamente diante das denuncias e reclamacións que nos traslada a cidadanía”.

Ademais, amosou a súa “sorpresa pola decisión inxustificable do goberno de establecer unha fronteira interna entre os centros penitenciarios situados en chan galego, aos que lles impide a visita dos lexítimos representantes de todos os galegos e galegas”.

Visita institucional

A responsable socialista propuxo ao tempo unha visita institucional aos cárceres galegos dos membros das Comisións Institucional e de Política Social da Cámara autonómica á que convidou ao resto dos grupos parlamentarios.

Reclamoulle ás mesas das ditas comisións que “expliquen en qué punto está a proposta de visita” cursada polo Grupo Socialista, e reclamoulles “unha posición fronte a esta resposta intolerable por parte do Ministerio de Interior”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar