O lume de Cortegada, unha mostra mais do fracaso da política de prevención da Xunta

O lume de Cortegada, unha mostra mais do fracaso da política de prevención da Xunta

O lume de Cortegada, unha mostra mais do fracaso da política de prevención da Xunta

incendio-xurésA portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, dixo hoxe que o lume de Cortegada, declarado o 17 de xullo, constitúe “unha mostra mais do fracaso da política de prevención do Goberno galego”. A responsable socialista presentou unha pregunta na Comisión de Medio Ambiente na que advertiu que o lume foi controlado polos veciños e Protección Civil, que o extinguiron cos seus capachos.

Vilán criticou que a directora adxunta do Parque Nacional “Illas Atlánticas”, no que está integrada Cortegada, dixera no seu momento que o protocolo de extinción funcionara perfectamente” e que a illa tiña “medios suficientes para a loita”. A deputada socialista preguntoulle ao goberno en ton irónico “si eses medios suficientes inclúen os capachos dos veciños, que por certo non foron felicitados pola súa intervención ata hoxe”.

Lamentou que as zonas de especial protección medioambiental carecen de protocolos específicos de prevención e extinción de incendios, senón que está integrado no Pladiga, “co que cada ano e cada verán vemos as consecuencias”.

Lembra que o Parque Nacional das Illas Atlánticas –que inclúe as illas de Cortegada, Sálvora, Ons e Cíes-, constituído en 2002, continúa a día de hoxe sen Plan Reitor, catro anos despois dende que, en xullo de 2011, o conselleiro de Medio Rural asegurara que tan só restaba a información pública e os trámites do Ministerio de Agricultura, o Consello Galego de Medio Ambiente e o informe do Padroado, co que estaría listo antes de 2012.

A día de hoxe o goberno galego non ten logrado aprobar un trámite imprescindible para un territorio “cun valor ecolóxico e unha riqueza biolóxica incalculables”, nomeadamente a Illa de Cortegada pola que preguntou hoxe, que conta co bosque de loureiros mais grande de Europa, con exemplares de ata 13 metros de altura.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar