O "insulto político" da Xunta: fala de emprego 4.0 cando o 27 por cento dos mozos nin estudan nin traballan

O "insulto político" da Xunta: fala de emprego 4.0 cando o 27 por cento dos mozos nin estudan nin traballan

O "insulto político" da Xunta: fala de emprego 4.0 cando o 27 por cento dos mozos nin estudan nin traballan

LosadaO portavoz de Economía e Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, cualificou hoxe de “insulto político” o anuncio de “emprego 4.0” do conselleiro de Industria e Traballo “nun país onde o 27 por cento dos mozos e mozas non poden nin estudar nin traballar”. Así o dixo na comparecencia do titular do departamento hoxe no Pleno do Parlamento.

Losada cualificou de “conto de Nadal” as liñas xerais de xestión presentadas polo conselleiro e esixiulle que “aterre nos problemas de verdade dos 750.000 galegos e galegas –o 25 por cento da poboación-, que ven a súa situación económica negativa. Lembroulle que a xestión do seu departamento debe centrarse nas persoas que teñen dificultades e non da clase alta.

Lembrou que “o fillo dun gran empresario ten moita máis facilidade de atopar un emprego que un compañeiro coa mesma cualificación pero fillo dun albañil ou un chapista”. Criticou que o PP anuncie hoxe unha política de emprego “irreal” mentres o ministro de Educación asegura que “sobran universitarios” e os seus gobernos baixan as bolsas de estudos “para que estuden os de sempre”.

Advertiu que tódolos novos contratos asinados en Galicia no último ano foron temporais, mentres a metade dos parados levan dous anos ou máis sen traballar, unha terceira parte dos traballadores non chegan a mileuristas e 140.000 galegos non acadan o salario mínimo.

O parlamentario socialista sentenciou que “o problema desta Comunidade Autónoma é que o único capital social e o único elemento de desenvolvemento económico son un presidente da Xunta que se fotografía xunto con un narcotraficante e un presidente da Deputación de Ourense que pide sexo a cambio de traballo”.

Modelo económico

Acusou ao PP de seguir o modelo económico dirixido a “competir vía salarios, deteriorar de forma dramática o mercado laboral e abandonar a política de incremento da competitividade a través da mellora da investigación e o valor engadido”. Explicou que a súa estratexia de subir a recadación do traballo cando os salarios e descender o imposto de sociedades cando aumentan os beneficios busca a “redistribución inversa”.

Losada reclamou maior esforzo para apoiar ás persoas con maiores dificultades e un modelo económico redistributivo. Sentenciou que “a única forma de garantir a igualdade entre os nenos e as nenas é que coman gratis e todos xuntos no comedor escolar, xa pagarán os pais as diferenzas económicas a través dos impostos”.

O responsable socialista criticou que o conselleiro “continúe a falar de industria 4.0 cando Galicia destina tan só o 0,87 por cento do PIB a I+D+i, ao nivel de Ucraína porque Turquía xa nos adiantou”. Sinalou que o gasto neste apartado apenas supón o 3,7 por cento do conxunto do Estado para unha Comunidade Autónoma que ten o 5,1 por cento do PIB do Estado.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar