O Instituto Galego de Consumo nin actuou nin estivo atento na comercialización das participacións preferentes

O Instituto Galego de Consumo nin actuou nin estivo atento na comercialización das participacións preferentes

O Instituto Galego de Consumo nin actuou nin estivo atento na comercialización das participacións preferentes

O portavoz de Consumo do Grupo Parlamentario Socialista Juan Carlos Francisco Rivera interveu hoxe na Comisión 6ª do Parlamento para reclamar explicacións sobre as medidas de supervisión respecto da posta en circulación de participacións preferentes entres os clientes de caixas galegas.

O deputado socialista dixo que o IGC (Instituto Galego de Consumo) ten competencias sobre este tema, xa que actúa en defensa dos consumidores. E dixo “deberían de coñecelo”, xa que se lles ofertou un produto financeiro a cidadáns que non tiñan ningún tipo de información sobre este asunto.

Juan Carlos Francisco Rivera asegura que este tema “explotou” a raíz das denuncias feitas polos usuarios. E acusou á Xunta de “deixación” na vixilancia no mercado, xa que consta na propia Lei de Consumo a función de vixilancia dos mercados. E insistiu nas súas criticas “nin actuaron, nin estiveron atentos”.

Sobre as responsabilidades doutros entes como a Comisión Nacional Mercado de Valores. Denuncia que non recibiron ningún tipo de información ou folleto informativo que acompañara estas emisións, “esta é unha afirmación gratuíta, porque isto é o que non acontecía”, xa que aos clientes non se lles informaba das condicións, o que evidencia o tipo de risco deste tipos de produto.

Asegura que “na comercialización e na contratación é donde que actuar consumo, porque non ten explicacións”. Por iso o deputado demandou “unha resposta contundente pola ocultación de información”.
E resumiu “polo tanto hai responsabilidade políticas polas evidentes carencias de documentación contractual”. Rematou “ou ben a Xunta coñecía o tema ou non se enteran de nada”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar