"O informe do valedor evidencia o deterioro acelerado do Estado de Benestar pola acción do Goberno de Feijóo"

"O informe do valedor evidencia o deterioro acelerado do Estado de Benestar pola acción do Goberno de Feijóo"

"O informe do valedor evidencia o deterioro acelerado do Estado de Benestar pola acción do Goberno de Feijóo"

O portavoz do Grupo Socialista na Comisión de Peticións do Parlamento, Francisco Cerviño, dixo que o informe do Valedor do Pobo “evidencia o deterioro acelerado do Estado do Benestar derivado da acción do Goberno de Feijóo”.

O parlamentario socialista explicou que “mais alá de que o Valedor teña rexistrado un récord no número de reclamacións, o problema é o manifesto deterioro acelerado dos servizos públicos esenciais que pon de manifesto”. Este vai “mais alá das cifras que evidencian o deterioro do Estado do Benestar pola xestión da Xunta no momento en que a crise económica o fai mais necesario que nunca”.

Cerviño salientou que a xestión ataca á equidade do servizo público nomeadamente no ensino, sanidade e aplicación da Lei da Dependencia. Dixo así que os datos no ensino público evidencian que o PP “amósase absolutamente insensible aos valores que o sitúan como esencial para a configuración da igualdade de oportunidades e a permeabilidade social”.

Explicou que as restricións de prestacións, e nomeadamente en transporte e comedores escolares, que padecen a Galicia rural e os mais desfavorecidos, unido á desaparición do dereito universal aos libros de texto gratuítos, “supón un torpedo á liña de flotación da educación pública”.

Engadiu que, no tocante á sanidade pública, o Goberno de Feijóo ven de propiciar un “ataque pola vía dos feitos a outro dos piares do Estado do Benestar”, como evidencia a persistencia das listas de espera, que prexudica especialmente a mulleres e persoas maiores.

Dixo que constitúe unha “nova mostra de desconsideración” para os mais desfavorecidos” e ataca á equidade na asistencia sanitaria, xa que provoca que “quen ten cartos ou influenzas soluciona o problema mentres os demais esperan”.

Desprezo da conselleira Mato

O responsable socialista lamentou o “desprezo” amosado pola conselleira de Traballo e Benestar á Oficina do Valedor do Pobo, xa que foi “reiteradamente desatendido” nas peticións sobre a aplicación da Lei da Dependencia e obrigouno a emitir un total de 17 amonestacións.

Dixo que a conselleira “debera dar conta na Cámara autonómica do seu comportamento contra unha institución de control tan relevante como é o Valedor agás que pense o mesmo que a presidenta de Castela – A Mancha, que avogou pola desaparición deste organismo. Cerviño subliñou que “non compartimos en absoluto o discurso teórico –político das posicións de De Cospedal, e esperamos que non sexa a posición de Mato”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar