O informe do Consello de Contas confirma que Galicia foi a autonomía con menos déficit en relación ao PIB en 2008

O informe do Consello de Contas confirma que Galicia foi a autonomía con menos déficit en relación ao PIB en 2008

O informe do Consello de Contas confirma que Galicia foi a autonomía con menos déficit en relación ao PIB en 2008

O portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Abel Losada, dixo que o informe do Consello de Contas confirma que Galicia foi a autonomía que menos déficit tivo con relación ao PIB no ano 2008. Dixo que, pola contra, a xestión de Feijóo “en só dous anos multiplicou por catro a débeda xenerada durante toda a lexislatura pasada”.

Losada sinalou que "a pesares das ficcións financeiras e políticas do señor Feijóo e os seus escudeiros, a realidade cuantitativa é teimuda e sinala sen lugar a dúbidas que Galicia a Comunidade Autónoma que rematou o ano 2008 co menor déficit con relación ao seu PIB". Dixo que Galicia acadou neste exercizo un déficit o 0,17% do PIB, oito veces menos que o 1,49% do conxunto das comunidades autónomas.

Acusou ao PP de "torturar" as cifras do informe presentado polo Consello de Contas "para xustificar as mentiras do presidente da Xunta en relación coas finanzas públicas de Galicia", xa que en só dous anos cuadruplicou a débeda xenerada durante toda a lexislatura pasada.

Explicou que "a realidade é que mentres o Goberno progresista incrementou a débeda pública en 526 millóns de euros en dous anos, o Goberno do señor Feijóo aumentou a débeda nun total de 2.253 millóns de euros en só dous anos". Isto supón, continúa, que "en só dous anos multiplicou por catro a débeda acumulada en toda a lexislatura anterior".

O responsable socialista sinala que a resposta a unha realidade económica que a comezos de 2008 amosaba os inicios da crise económica internacional foi "inmediata" por parte daquel Goberno. Lembra así que as primeiras medidas foron tomadas nun Consello da Xunta do mes de febreiro precisamente do ano 2008.

Xestión financeira
O portavoz do Grupo Socialista cuestionou a solvencia da xestión financeira de Feijóo por canto no ano 2009, a pesares de que os informes mensuais avisaban que os ingresos por recadación fiscal eran menores que o orzamentado, continuou comprometendo a totalidade do gasto. Isto supuxo que xenerara eses 1.600 millóns de euros que agora Galicia lle adebeda ao goberno de España.

Isto mentres o propio informe de 2008, dixo, sinala que en 2008 a recadación fiscal efectiva foi maior que a recoñecida no orzamento. Ademais, engadiu, a última "heroicidade" do presidente da Xunta foi incluír nos orzamentos para 2011 un total de 243 millóns de euros "que sabía que era unha cantidade ficticia que non aparecía recollida no Plan de Financiación Autonómica que el mesmo asinara.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar