O paro, a parálise económica e a privatización de servizos públicos pola xestión de Feijóo, no debate do Estado da Autonomía

O paro, a parálise económica e a privatización de servizos públicos pola xestión de Feijóo, no debate do Estado da Autonomía

O paro, a parálise económica e a privatización de servizos públicos pola xestión de Feijóo, no debate do Estado da Autonomía

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, anunciou que Pachi Vázquez presentará no debate do Estado da Autonomía unha alternativa ao goberno de Feijóo dirixida a “solucionar os problemas dos cidadáns”. Os socialistas levarán o incremento do paro, a parálise económica e a privatización dos servizos públicos como principais consecuencias da xestión de Feijóo.

Losada adiantou que o líder socialista realizará mañá unha avaliación das carencias do goberno de Feijóo e formulará unha alternativa que mellore a situación dos galegos e das galegas. Así, presentará como principais consecuencias negativas do actual goberno a paralización da actividade económica e a destrución do emprego, situando a “persoas concr

etas ao borde da pobreza e a exclusión social”.

Ademais, estas advirte un “criterio privatizador” dos servizos públicos como obxectivo da estratexia do PP dirixida a limitar as prestacións públicas “facilitando o proceso de entrada de capital privado nos mesmos”.

Alternativa

Anunciou ademais unha “batería de propostas de resolución” como modelo alternativo dentro da liña xa apuntada nas emendas presentadas aos orzamentos de 2012, e que foron rexeitadas polo PP. Sinalou que o PP deberá reconsiderar o seu bloqueo ás proposta dos socialistas diante da “reformulación moi profunda” dos orzamentos derivada dos orzamentos do Estado que serán presentados logo das eleccións de Andalucía e Asturias.

Losada chamou a aplicar políticas de austeridade en “cuestións que non afectan directamente á vida dos cidadáns”. Reclamou así “incrementar as aportacións das persoas con mais recursos”, e chamou a realizar un “exercicio de cohesión e solidariedade” para “contribuír ao mantemento dos servizos públicos cun maior volume de recursos, sobre todo no momento en que a cohesión social está fondamente cuestionada”.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar