O Igape concede 7 millóns a unha empresa "amiga" mentres Galicia leva perdido 40.000 empregos industriais

O Igape concede 7 millóns a unha empresa "amiga" mentres Galicia leva perdido 40.000 empregos industriais

O Igape concede 7 millóns a unha empresa "amiga" mentres Galicia leva perdido 40.000 empregos industriais

O portavoz de Economía, Industria e Innovación do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, denunciou a “ineficacia” e “clientelismo” do Igape. No debate dunha interpelación socialista, responsabilizou ao conselleiro de Economía da “nefasta xestión” deste organismo que concedeu 7 millóns a unha empresa “amiga” mentres Galicia perde 40.000 empregos industriais dende 2009.

Advertiu que a Xunta carece de política industrial mentres asiste a unha “gravísima destrución de emprego” neste sector e permite “casos gravísimos de corrupción” derivados da Operación Campeón dentro do Igape. Lembrou que un alto cargo imputado nesta investigación concedeulle presuntamente, nunha soa semana, un total de 7 millóns de euros á empresa Valoración de Residuos Gallegos, SL, propiedade da súa dona.

Dixo que este caso explica que o presidente da Xunta dixera que “chégame cos principios éticos que me dan os votos” ao día seguinte do primeiro escándalo do Igape, así como que manteña 14 imputados do goberno galego nos seus postos. Chamou a destituír aos altos cargos do Igape “por corruptos” e ao persoal da Consellería de Economía “por incompetentes” na xestión da política industrial de Galicia.

O responsable socialista responsabilizou ao conselleiro da situación deste organismo, lastrado por “escándalos que non soubo ou non quixo cortar” de raíz e que provocan a “creba da confianza dos empresarios neste instrumento financeiro”. Dixo que lonxe de clarificar a súa situación e despexar dúbidas, cada día demostra que os gastos están “fora de control” e sen ningún tipo de control.

Así, lembrou que o Igape conta cun orzamento de 136 millóns de euros para o ano 2012 e destina 31 só a gastos de funcionamento, entre os que inclúe un custe por traballador un 33 por cento superior que no resto da administración. Así, o ente conta con 138 traballadores, dos que 19 son directivos mentres “a maioría dos informes son externalizados.

Sinalou que o Igape ten actualmente 1 director xeral e 5 directores de área que cobran mais de 65.000 euros de salario, 14 subdirectores que cobran máis de 52.000 euros e outros 66 técnicos superiores. Méndez Romeu dixo que estes 80 postos de traballo constitúen “un exemplo perfecto ou ben de baixa produtividade ou ben de incapacidade, laxitude e ineficiencia”.

Axudas pírricas

Criticou que, fronte a unha plantilla “desmesurada”, as empresas reciben “tan só 44 millóns de euros” para as súas actividades, entre os que se contan os 7 millóns da empresa “amiga”. Esta situación agrávase ao comprobar que o 75 por cento do total destas axudas corresponde a partidas inferiores a 6.000 euros incluíndo subvencións de 112 ou 67 euros para financiamento do circulante de empresas.

Os numerosos exemplos destas axudas demostra, explicou Méndez Romeu, que o papel que está a tomar este ente é “meramente administrativo” renunciando ao impulso do tecido económico e industrial de Galicia para conceder axudas “erráticas” a “estacións de servizo, pompas fúnebres, pilates, salóns de beleza, ferreterías, pastelerías ou pizzerías.

Acusou ao conselleiro de entregarlle ao presidente da Xunta “datos non reais” sobre o Índice de Produción Industrial, e agochar que Galicia perdeu 22 puntos entre 2008 e 2011, nunha etapa na que perdeu 40.000 empregos no sector.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar