O IES Agra do Orzán perderá o acceso á piscina

O IES Agra do Orzán perderá o acceso á piscina

O IES Agra do Orzán perderá o acceso á piscina

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, lamentou que os alumnos e alumnas do IES Agra do Orzán de A Coruña vaian perder definitivamente a posibilidade de utilizar a piscina construída nos seus terreos e que viñan utilizando ininterrompidamente dende o ano 1993. Así o confirmou o goberno galego en resposta a unha pregunta oral presentada polos socialistas hoxe na Comisión de Educación.

Docasar lamentou que o goberno galego teña deixado hoxe “moi claro que non vai haber solución e van perder un dereito que exercían dende hai máis de 20 anos”. Advertiu que “non pode ser que sexan os estudantes e as familias dos alumnos do IES os que sufran as consecuencias da ineficacia da Xunta e a chantaxe da empresa concesionaria da piscina pagando os pratos rotos deste desencontro”.

Lembra que os terreos foron cedidos no seu día polas institucións académicas para construír a piscina “coa condición de que puidera ser utilizada polo IES da Agra, un centro que non conta con outras instalacións axeitadas para a realización de prácticas deportivas”, que tiveron que abandonar pola decisión unilateral da concesionaria “co silencio cómplice da Xunta de Galicia”.

Educación física

O parlamentario socialista aplaudiu ironicamente a información trasladada polo Secretario Xeral de Educación Jesús Oitavén na Comisión de Educación, que anunciou que os rapaces e rapazas que cursen a materia de Educación Física na ESO e no Bacharelato “non pagarán por ir a clase de Educación Física”.

Tampouco pagarán, continuou os rapaces e rapazas matriculados no Ciclo de Formación Profesional de Actividades Físicas e Deportivas que deben utilizar as instalacións da piscina por formar parte dita formación do propio currículo do citado ciclo. “Quédome moi tranquilo -ironizou Docasar- sabendo que os rapaces e rapazas non terán que pagar por asistir a clases que forman parte do propio currículo, Sr Oitavén”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar