O helimer 401, no garaxe dende hai un ano por neglixencia do goberno galego

O helimer 401, no garaxe dende hai un ano por neglixencia do goberno galego

O helimer 401, no garaxe dende hai un ano por neglixencia do goberno galego

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Loli Toja, elevou hoxe a “neglixencia” o desinterese da Xunta na recuperación do novo Helimer 401, unha aeronave adquirida en 2015 por 24 millóns de euros e que permanece paralizada dende hai un ano. A responsable socialista presentou unha pregunta oral en Comisión pola situación da aeronave, con repercusións na seguridade marítima.

Toja lembrou que o helicóptero estivo parada dende o 2 de xuño de 2016 por orden da Axencia Europea de Seguridade Aérea, unha orde que foi levantada a principios de 2017, pero a aeronave non puido voar dende entón pola falla dunha peza que ten que entregar Airbus, e pola que leva agardando dende entón.

A responsable socialista criticou a pasividade do goberno galego fronte á falla de interese da empresa responsable do servizo por poñer a aeronave de novo en marcha, mentres o equipo segue a utilizar o Helimer Galicia, cun tempo de resposta 15 minutos superior, “suficiente para perder unha vida humana”.

Esixiulle aos gobernos galego e central a “poñer o grito no ceo” para conseguir a resposición da dita peza e a posta en marcha da aeronave de novo. Subliñou que “isto é unha neglixencia, un mal uso dos fondos públicos, e tanto o goberno galego como a Ministra de Defensa deberan asumir a responsabilidade por xestión neglixente”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar