O Grupo Socialista vota en contra do Plan Traballo dos Populares para a Comisión de Igualdade por tratarse dun paripé

O Grupo Socialista vota en contra do Plan Traballo dos Populares para a Comisión de Igualdade por tratarse dun paripé

O Grupo Socialista vota en contra do Plan Traballo dos Populares para a Comisión de Igualdade por tratarse dun paripé

Carmen Acuña censurou que os populares impidan o debate sobre o anteproxecto de lei do aborto e restrinxan as comparecencias practicamente a membros do Goberno e ordes relixiosas

A ponente socialista na Comisión para a Igualdade e os dereitos das mulleres do Parlamento de Galicia, Carmen Acuña, rexeitou o Plan de Traballo proposto polo Grupo Popular ao consideralo “un postureo e un paripé que só procuraba tranquilizar a conciencia da Secretaria Xeral de Igualdade”.

Para os socialistas, “non se entende que neste momento o Parlamento convoque unha comisión de Igualdade e prohiba que nunha comisión da violencia sobre a muller non se fale do anteproxecto del lei do aborto que está a preocupar na rúa e que todo o mundo ve como un ataque aos dereitos da muller”, dixo Acuña.

Aínda que os populares asumiron da proposta socialista a “dous ou tres comparecentes dos que non molestaban ao Goberno”, a socialista votou en contra do plan de traballo do PP porque “consiste en escoitar a opinión do Goberno e das relixiosas, oblatas e adoratrices, esta últimas se autodenominaban, no seu día espero que agora non, as pastoras das mulleres descarriadas”. Acuña ironizou con que “non sería de estrañar que de admitir o debate sobre o anteproxecto de lei do aborto o Grupo Popular chamara aos bispos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar