O Grupo Socialista súmase á manifestación en contra da nova lei do aborto e do desmantelamento da rede de COF de Galicia

A portavoz de Igualdade do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia vén de amosar o seu respaldo á manifestación convocada para o domingo, 16 de xullo, en Santiago de Compostela “polo dereito a unha atención pública e de calidade da saúde sexual e reprodutiva”.

A responsable socialista encabezará a delegación socialista na dita manifestación convocada para rexeitar de maneira rotunda a nova lei reguladora do abordo e da saúde sexual e reprodutiva do PP. Esixiu así o dereito a unha atención de calidade, pública e gratuíta da saúde sexual e reprodutiva con capacidade de decisión libre e informada.

Acuña sumouse á queixa dos traballadores dos Centros de Orientación Familiar en contra do desmantelamento progresivo da rede galega dos COF, e anunciou que levará á Cámara autonómica as reivindicacións desta protesta.

Dixo que “non se pode pensar en modificar a Lei do aborto, suprimir a educación sexual e reprodutiva e retirar da financiación os anticonceptivos e esperar que non aumenten os embarazos non desexados e os abortos clandestinos”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar