O Grupo Socialista organiza as áreas de traballo para esta lexislatura

O Grupo Socialista organiza as áreas de traballo para esta lexislatura

O Grupo Socialista organiza as áreas de traballo para esta lexislatura

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia acordou hoxe a organización das áreas de traballo para a IX Lexislatura. Nunha xuntanza de traballo, o Grupo designou a Pachi Vázquez presidente do Grupo, do que Abel Losada é o portavoz, mentres os deputados Carmen Gallego e José Luis Méndez Romeu serán portavoces adxuntos e Pablo García será secretario.

Entre os deputados pola provincia de A Coruña, Francisco Caamaño asumirá a portavocía de cultura e lingua, José Luis Méndez Romeu, ademais de portavoz adxunto, será o encargado de Industria e Turismo, Beatriz Sestayo encargarase da Política Institucional, Xosé Sánchez Bugallo Territorio, Vivenda e Urbanismo, e a vicepresidenta segunda da Mesa, Marisol Soneira, será portavoz de Emigración e Asuntos Europeos.

Entre os deputados por Lugo, a vicesecretaria da Cámara, Concepción Burgo, asumirá a portavocía de Universidade e I+D, mentres Juan Carlos González Santín será portavoz de Economía e da Comisión do Consello de Contas. José Ramón Val Alonso asumirá as competencias en materia de Pesca, e Vicente Docasar de Educación.

Por Ourense, ademais do presidente de Grupo, Pachi Vázquez, a número dous, María Quintas, será portavoz de Traballo e da Comisión da CRTVG, Raúl Fernández será o responsable de Infraestruturas e Carmen Acuña de Sanidade.

Finalmente, pola provincia de Pontevedra, ademais do portavoz do Grupo, Abel Losada, a pontevedresa Patricia Vilán será portavoz de Medio Ambiente e da Comisión do Valedor, mentres o secretario do Grupo, Pablo García, será o encargado da área do Medio Rural, e a portavoz adxunta, Carmen Gallego, será responsable de Política social, e o vigués Manel Gallego asumirá a portavocía de Comercio, Portos e Consumo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar