O Grupo Socialista leva a situación laboral de Galicia e o descenso na calidade da asistencia sanitaria ao próximo Pleno do Parlamento

O Grupo Socialista leva a situación laboral de Galicia e o descenso na calidade da asistencia sanitaria ao próximo Pleno do Parlamento

O Grupo Socialista leva a situación laboral de Galicia e o descenso na calidade da asistencia sanitaria ao próximo Pleno do Parlamento

A viceportavoz do Grupo Socialista, Patricia Vilán, explicou hoxe que o Grupo Socialista centrará as súas iniciativas no próximo Pleno do Parlamento no fracaso da política de creación de emprego do Goberno galego e o seu impacto tanto no sector público como privado. Así o dixo logo da Xunta de Portavoces do Parlamento que fixou a orde do día da sesión plenaria da próxima semana.

A responsable socialista anunciou que a sesión de control ao presidente estará centrada precisamente sobre o impacto da precariedade laboral no Sergas na calidade asistencial de tódolos galegos e galegas. Ademais, unha moción do Grupo Socialista centrarase nas actuacións que debe levar a cabo o goberno galego en materia de emprego público.

Os socialistas galegos presentarán tamén unha proposición non de Lei sobre as intencións da empresa Ferroatlántica de segregar as súas actividades de produción de enerxía eléctrica e de ferroaliaxes, así como a venda das centrais hidroeléctricas dos ríos Xallas e Grande. Criticou a impasibilidade do goberno galego diante dunha decisión que terá un forte impacto na economía e o emprego de toda a comarca da Costa da Morte.

A deputada socialista explicou que os socialistas presentarán unha pregunta urxente ao goberno galego diante do seu desleixo fronte á praga da pataca, que pasou de afectar a un concello en 2015 a un total de 31 hoxe, fundamentalmente no norte da Comunidade Autónoma.

O próximo Pleno incluirá tamén unha proposición non de Lei con propostas derivadas da decisión do Ministerio de Facenda de suprimir a exención do IVE para os servizos que prestan os profesionais da avogacía e procuradoría adscritos á quenda de oficio.

Pacto local

Vilán explicou que esta sesión incluirá tamén dúas interpelacións sobre o incumprimento dos compromisos adquiridos polo goberno galego no Pacto Local e sobre as actuacións da Xunta de Galicia para afrontar problemas relacionados coa violencia no deporte. Finalmente, incluirá unha pregunta sobre a data prevista para a apertura do Museo dos Viños de Galicia na reitoral de Santo André de Camporredondo, en Ribadavia.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar