O Grupo Socialista acusa ao Ministro de Defensa de inhibirse no peche da fábrica de armas da Coruña

O Grupo Socialista acusa ao Ministro de Defensa de inhibirse no peche da fábrica de armas da Coruña

O Grupo Socialista acusa ao Ministro de Defensa de inhibirse no peche da fábrica de armas da Coruña

Os socialistas lamentan que o Ministro non se comprometa a mediar no conflito laboral que inclúe un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) na empresa General Dynamics.

O Grupo Socialista no Senado acusou o Ministro de Defensa, Pedro Morenés, de inhibirse no peche da fábrica de armas da Coruña tras non se comprometer a mediar no conflito laboral que inclúe un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) na empresa General Dynamics.

Os socialistas subliñaron que Morenés, en resposta a unha pregunta do voceiro do PSOE en Defensa, Enrique Abad, se desvinculou da eliminación dos postos de traballo e non se quixo involucrar e esixir á empresa que negocie, a pesar das reclamacións do senador socialista.

A xuízo do PSOE, o titular da carteira de Defensa botou "un xerro de auga fría" aos intereses dos coruñeses e non aceptou defender os traballadores da empresa de armas.

Ademais, os socialistas destacaron que o Ministro Morenés non está disposto a utilizar os recursos do Ministerio de Defensa para garantir a carga de traballo, como asegurou no seu momento.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar