O Grupo Popular veta por segunda vez a petición socialista de comparecencia de Feijóo para falar de corrupción

O Grupo Popular veta por segunda vez a petición socialista de comparecencia de Feijóo para falar de corrupción

O Grupo Popular veta por segunda vez a petición socialista de comparecencia de Feijóo para falar de corrupción

Abel Losada recriminou ao Presidente do PP e da Xunta que pida explicacións a Baltar, a Bárcenas ou sobre o que ocorre no concello de Santiago e non dea explicacións na Cámara de representantes autonómica

O Grupo Parlamentario Popular ven de opoñerse, por segunda vez, á comparecencia do Presidente da Xunta, Núñez Feijóo, no Pleno da Cámara.

O Portavoz socialista, Abel Losada, solicitou á Cámara a inclusión na Orde do Día do Pleno de hoxe a comparecencia que o seu propio grupo levara á Mesa do Parlamento onde, foi vetada polos membros do Partido Popular, con maioría neste órgano de decisión do Lexislativo.

“Queda constatado, agora pola totalidade do Grupo Popular, o veto e segunda negativa do grupo que sustenta ao goberno á comparecencia do Presidente da Xunta para explicar aos representantes da cidadanía a posición ante os casos de corrupción” que teñen aflorado e nos que están presuntamente implicados dirixentes e representantes institucionais do Partido Popular.

Recriminou ao Presidente de Galicia e tamén do Partido Popular que “mentres se enche a boca pedindo explicacións sobre o que acontece no Concello de Santiago, sobre as actuacións de Baltar ou de Bárcenas ”, Feijóo sexa “o único que non ten nada que explicar”, dixo en referencia á súa recorrente negativa a comparecer no Pazo do Hórreo.

O Grupo Popular rexeitou a petición socialista co voto da totalidade dos seus deputados e das súas deputadas, a excepción de Núñez Feijóo, que se ausentou do Pleno.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar