O Grupo Parlamentario Socialista celebra este venres unha xornada sobre pobreza e desigualdade

O Grupo Parlamentario Socialista celebra este venres unha xornada sobre pobreza e desigualdade

O Grupo Parlamentario Socialista celebra este venres unha xornada sobre pobreza e desigualdade

O Grupo Parlamentario Socialista vai celebrar este venres, ás 9,30, nas instalacións do Parlamento de Galicia, unha xornada de traballo sobre pobreza e a desigualdade que será clausurada polo portavoz, Xoaquín Fernández Leiceaga. Dúas mesas de debate analizarán políticas para combater esa lacra, contando coa opinión de expertos e membros de entidades sociais que traballan neste ámbito.

A primeira das mesas estará moderada pola portavoz de Administración Local do Grupo parlamentario, Begoña Rodríguez Rumbo, acompañada polas concelleiras de Servizos Locais dos concellos de Vigo, O Carballiño, Lugo e Culleredo: Isaura Abelairas, Marina Ortega, Ana Abelleira e María Guadalupe Pombo, respectivamente.

A segunda mesa, presentada pola Portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Noela Blanco, contará coa presenza da doutora en economía na USC e membro da ICEDE, Ánxela Troitiña, o psicólogo experto en políticas sociais, Santiago Porta, a Secretaria Xeral de Cáritas Diocesana de Lugo, Mónica Yáñez, e o Presidente de EAPN Galicia Antonio Hernández.

Os temas elixidos para estes debates abertos á cidadanía son considerados polos socialistas de suma importancia para a cidadanía galega, e as conclusións extraídas servirán ós deputados para impulsar iniciativas parlamentarias coas que facer de voceiro dos colectivos que máis o precisan.

 

Patricia Torres

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar